Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: APETEGA celebra no IES de Tui as súas novas Xornadas de Tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

APETEGA celebra no IES de Tui as súas novas Xornadas de Tecnoloxía

Redacción
Publicado: 03/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

arduino_placa.jpgOs vindeiros 27 e 28 de maio de 2016, a Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) vai organizar un encontro para achegar as diferentes pólas do coñecemento avanzado á nosa comunidade docente. Trátase da quince edición das súas Xornadas de Tecnoloxía, que se celebran no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui. As xornadas, dirixidas principalmente a profesorado de secundaria, contarán con obradoiros e prácticas relacionados coas novas tecnoloxías, a robótica, a programación e outros eidos da innovación aplicada ao ensino. A inscrición poderá facerse ao longo dos días vindeiros na web da asociación, apetega.org, sendo de balde para socios.
Entre os obxectivos do encontro figuran os seguintes: favorecer o intercambio e a divulgación de experiencias didácticas innovadoras, afondar nos distintos ámbitos da tecnoloxía docente (materiais, electrónica, automática, robótica, informática) e aumentar a intercomunicación educativa para a mellora da calidade no ensino.
Ademais, tentarase analizar a situación actual da aprendizaxe tecnolóxica e achegaranse, por unha banda, técnicas de aplicación práctica nas aulas-obradoiro e, pola outra, novas tecnoloxías como recurso educativo. Nun plano máis concreto, o programa de actividades abranguerá obradoiros, coloquios e comunicacións didácticas. As coordinadoras das xornadas serán Victoria Alonso Goyanes e Helena Vidal Porto.
Entre os obradoiros preparados figura unha actividade práctica sobre OnShape (software de deseño 3D, en liña, de calidade profesional e con todo o requirido para ser empregado na aula cos alumnos co obxectivo de fomentar o modelado dixital), unha sesión de traballo colectivo para crear música electrónica con material de uso cotián, un obradoiro de robótica (programación con MBlock), un sobre impresión en 3D, outro sobre a ferramenta de programación Scratch, un achegamento ás principais ferramentas de xeoposición, unha sesión de edición de vídeo con Kdenlive ou unha actividade de introdución ao hardware libre Arduino, entre outras moitas cousas destinadas a fortalecer a formación TIC dos nosos profesores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?