Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza en maio o novo programa de almorzos tecnolóxicos da Tecnópole
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza en maio o novo programa de almorzos tecnolóxicos da Tecnópole

Redacción
Publicado: 03/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecnopole_almorzos.jpgA Tecnópole vén de anunciar o comezo dos seus almorzos tecnolóxicos, que terán unha duración de seis meses (un almorzo ao mes) e celebraranse no 3º andar do Edificio CEI. O primeiro levarase a cabo o vindeiro mércores 11 de maio (de 9 a 10 horas) e xirará arredor de como tirarmos proveito os datos masivos para “vender máis e mellor”. Os almorzos tecnolóxicos xorden coa idea de fomentar a competitividade das empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) e dos grupos de investigación que traballan nos diferentes centros tecnolóxicos instalados no parque ourensán a través da promoción da súa tecnoloxía e o fomento da colaboración a través de intercambio de coñecementos tecnolóxicos, ou ben de compra-venda de tecnoloxía ou dos servizos que se emprestan mediante esa tecnoloxía.
E a quen van encamiñados estes almorzos? Pois o público obxectivo serán as propias empresas do parque (entidades a promocionar) e as empresas situadas no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
O que se persegue coa posta en marcha desta proposta é que os participantes se coñezan entre si e expresen os seus intereses e áreas tecnolóxicas nas que traballan relacionadas co tema exposto de cara a posibles colaboracións cos presentes no futuro. Previo á xornada, as empresas fan unha pequena rolda de presentación co obxecto de fomentar a iteración entre elas facendo fincapé nas novas achegas da Tecnópole.
Cómpre dicir que froito dos almorzos sairá un catálogo con periodicidade semestral en formato dixital que dará a coñecer as tecnoloxías innovadoras realizadas polas empresas presentadas en cada edición.

Programa de actividades

  • Mércores 11 de maio de 9 a 10 h. – Como aproveitar o big data para vender máis e mellor. Andrés Mazaira socio fundador de Bridge Mediatech e profesor de mercadotecnia e organización de empresas da Universidade de Vigo.
  • Mércores 15 de xuño de 9 a 10 h. – Pensar en Galicia, ensamblar en China.
  • Mércores 13 de xullo de 9 a 10 h. – Envasado de alimentos.
  • Mércores 14 de setembro de 9 a 10 h. – Axustes fiscais na conta de explotación de cara a Facenda.
  • Mércores 19 de outubro de 9 a 10 h. – Canto custa a miña marca?
  • Mércores 23 de novembro de 9 a 10 h. – Posibilidades para a túa empresa da impresión 3D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?