Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant organiza unha xornada para espallar o smart farming na nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant organiza unha xornada para espallar o smart farming na nosa terra

Redacción
Publicado: 03/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_hub.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant vai organizar este 6 de maio a xornada Hub de innovación dixital para o Sector Primario. O encontro, que se celebra na propia sede de Gradiant no Campus de Vigo, diríxese a impulsar unha “reflexión en clave galega arredor da innovación e da adopción das novas tecnoloxías por parte do tecido agroalimentario e acuícola a nivel mundial”. Un dos obxectivos claves da xornada é pór a disposición do dito sector a visión e máis a experiencia acumulada por Gradiant dende a súa privilexiada posición na presidencia do Grupo de Traballo en Agricultura Intelixente e Seguridade Alimentaria na Alianza Europea pola Innovación na Internet das Cousas (AIOTI).
Polo tanto, a intención é trasladar a devandita tendencia en auxe (os obxectos conectados, as contornas smart, tecnoloxías para facer máis rendibles e optimizadas as empresas) á realidade de Galicia.
iot-smart-farming-300x300.jpgSegundo informa Gradiant acerca do miolo temático do evento, “o afianzamento de tecnoloxías innovadoras como a Internet das Cousas e a analítica de datos, incluído o concepto Big Data, entre outros recursos, está a permitir a xeración de eficiencias, melloras operativas e de rastrexabilidade (trazabilidade) a través de toda a cadea alimentaria, grazas á dispoñibilidade datos en maiores cantidade e fiabilidade, o que permite unha máis óptima planificación e unha mellor toma de decisións sobre a actividade produtiva”.
Segundo engade Gradiant a nosa terra amosa un importante potencial para o desenvolvemento e a aplicación práctica deste tipo de tecnoloxías, e máis se temos en conta o salientable peso na economía dos sectores agrícola e acuícola, un peso “sensiblemente maior có da media europea”. Porén, hai atrancos que salvar, obstáculos que teñen que ver coa “peculiaridade da realidade galega”. Estas características de noso fan que sexa precisa “unha colaboración coordinada dos distintos axentes implicados”, explica Gradiant. Ou sexa, un labor conxunto e unificado dos produtores agropecuarios ou acuícolas, transformadores, provedores de maquinaria, enxeñeiros, centros de coñecemento, universidades e Administración Pública. “Esta colaboración coordinada”, engade o centro tecnolóxico galego, “permitirá aproveitar as oportunidades e superar os atrancos existentes”. Sobre este punto, de feito, Gradiant sostén e acredita que Galicia pode “erixirse como un polo de innovación dixital a nivel europeo” nos devanditos sectores produtivos. Ou sexa, nun “digital innovation hub” na terminoloxía da Comisión Europea.
A xornada permitirá coñecer casos concretos de adopción e innovación dixital por parte do sector agroalimentario, grazas ao relatorio convidado de Feiraco. Ademáis, mediante os relatorios a cargo da Axencia Galega de Innovación, a AMTEGA e a Consellería de Medio Rural a xuntanza permitirá “coñecer como afronta este proceso a Administración e que mecanismos de apoio están previstos dende cada unha das institucións representadas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?