Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca este xoves o Carballo Interplay cunha manchea de actividades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca este xoves o Carballo Interplay cunha manchea de actividades

Redacción
Publicado: 04/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Imaxe da rodaxe de Muerte al youtuber, gravada estes días en Carballo
Imaxe da rodaxe de Muerte al youtuber, gravada estes días en Carballo
Este xoves comeza finalmente o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. E arrinca coa estrea da webserie galega Muerte al Youtuber, gravada estes días na localidade bergantiñá a través dun obradoiro co que a organización do certame quixo ir abrindo boca e que contou coa participación directa (a xeito de profesores-coordinadores) de David Saínz e Teresa Segura, creadores de Malviviendo. O festival comeza oficialmente ás 11.30 horas. Segundo avanzan os seus impulsores, Carballo Interplay contará este ano “cun variado menú con dous pratos fortes”. Por unha banda a pre-estrea da longametraxe Estirpe (que aínda non chegou ás salas), e pola outra a estrea de Muerte al youtuber.
Ás 11.30 horas terá lugar no Forum a apertura oficial do III Carballo Interplay, coa presenza do xurado encargado de elixir o palmarés de webseries gañadoras desta edición: Noel Ceballos (de Hermanos Podcast), Niko Gómez (creador de Cálico Electrónico), Miriam Hernánz (directora de LabTVE), Carlota Núñez (coñecida vine galega), Araceli Gonda (da Asociación Galega de Guionistas) e Jorge Coira (da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia). Xusto despois, ás 12h30, proxectarase Muerte al youtuber. Pola tarde comezarán as proxeccións das 36 pezas finalistas que optan ao premio da competición de webseries do Interplay. Ás 16.00 horas poderán verse no Auditorio do Pazo da Cultura as primeiras cinco finalistas españolas: o documental Waytrippers, a serie de animación Crisis Cartoons, a comedia Sci-Fi La Supercafetera e as comedias Dos más cinco e Beto. E as 17.30 horas chegará a quenda das propostas galegas, coas proxeccións das comedias Veciños, Chola&Lola, Gafas e Pallaso, PIB, Poetarras, Dalle Jas e máis da webserie documental Teño unha horta en San Sadurniño.
carballo_interplay-3.jpgOutra das actividades estrela do arrinque do festival será o faladoiro Hai lingua para o tubo? Esta será a pregunta que tentarán responder na primeira mesa redonda desta edición do Carballo Interplay, ás 19h no Auditorio do Pazo da Cultura, o colectivo Poetarras, os Páramo Pictures e as creadoras da webserie Fame. Falarán sobre a creación audiovisual para Internet en galego e achegarán claves sobre estas cuestións: Que tipo de contidos audiovisuais en galego se fan para Internet? Por que a súa presenza é tan baixa, se existe unha temática ou algunhas claves en común e cal é o público? Na organización da mesa colabora a coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Ás 20h, Victor Grande, por Dowson e Pillei; Alejandra Piot, Paula Andrade e Iria Rodríguez, por A Espiral de Fibonacci; Oscar Pardo, por Lucas; e os Porco Bravú, por Peter Brandon defenderán os seus proxectos diante dun xurado composto por Xosé Regueira (Concello de Carballo), Nel Vidal (CTNL), Sonia Mendez (Directora do CIP) e Teresa Segura (produtora de webseries) co obxectivo de converterse nos gañadores do Premio a proxecto de webserie en galego, que se convocou por primeira vez este ano e que ten unha dotación de 1.500 euros para a produción de tres capítulos da webserie premiada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?