Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Idealugo.es obtén un recoñecemento orzamentario da Unión Europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Idealugo.es obtén un recoñecemento orzamentario da Unión Europea

Redacción
Publicado: 04/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O deputado do organismo provincial lugués Pablo Rivera Capón
O deputado do organismo provincial lugués Pablo Rivera Capón
A Deputación de Lugo vén de informar do recoñecemento orzamentario obtido grazas a idealugo.es, o Portal da Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense posto en marcha en 2010 e destinado a permitirlle ao organismo provincial a achega de información ao Goberno central relativa aos equipamentos dos concellos (mapas, estradas, datos de infraestruturas municipais, saneamento e abastecemento, ou comunicacións, entre outros elementos). Segundo fixo saber o deputado de Innovación e TIC Pablo Rivera Capón, o labor despregado a través do portal posibilitou a obtención de 167.000 euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), da Unión Europea.
O deputado engadiu que “para a posta en marcha do portal achegamos, en solitario, 361.758 euros para financiar os custes desta páxina coa que afondamos en aspectos como a transparencia e goberno aberto”. Este ano, lembrou, tomouse no organismo provincial a decisión de concorrer a unha nova convocatoria para captar fondos FEDER e, deste xeito, “aforrar cartos”. Europa, engadiu, “recoñeceu o traballo ben feito con este iniciativa e decidiu financiar preto do 50% do custe total de www.idealugo.es”.
Como recordaremos, a través da Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración Lucense (IDEAL) a Deputación ofrece información xeo-referenciada da provincia de Lugo a partires dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL), que é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais para efectos da cooperación económica local do Estado. Na devandita páxina web pódese descargar a información das edicións da EIEL para a provincia de Lugo dende o ano 1995 ata o 2012, ambas incluídas; ademais de acceder aos servizos Web Map Service e Web Feature Service que ofrecen a información da EIEL sobre abastecementos, saneamentos ou equipamentos municipais como centros de saúde ou instalacións deportivas, entre moitos outros. Tamén conta cun visor de mapas interactivo no que se pode visualizar toda a información. Outra funcionalidade que acubilla o portal é o servizo de nomenclátor que posibilita a busca de máis de 9.400 entidades de toda a provincia de Lugo, agás o municipio de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?