Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O emprego en contidos e cultura descendeu en 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O emprego en contidos e cultura descendeu en 2015

Redacción
Publicado: 04/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_computador-6.jpgO Observatorio da Cultura Galega do CCG vén de presentar un novo documento de traballo sobre o estado de saúde da contorna laboral ligada á nosa cultura. No informe O emprego cultural de Galicia lémbrase, para comezar, que no último ano rexistráronse en Galicia 27.800 empregados no ámbito cultural, 800 menos que en 2014. Malia o negativo da cifra, o devandito ámbito profesional ligado ás múltiples expresións do pulo creativo (audiovisual, contidos dixitais, edición) ten mellores índices que o conxunto total de emprego na nosa terra. Ademais, dise no estudo, o emprego cultural medra de maneira ininterrompida desde o último trimestre de 2012 e faino a mellor ritmo que o conxunto da economía galega agás no último trimestre de 2015, que rexistra unha lixeira baixada. En relación con 2014, Galicia continúa por debaixo da media estatal, que se mantén no 2,9% e baixa dúas décimas.
A investigación recorda que en Galicia hai 11.256 afiliados destes ámbitos á Seguridade Social, o que supón un 1,2% do total en todos os sectores, que suma 937.414 afiliacións. A maior parte destas afiliacións correspóndense coa epígrafe de artes gráficas e reprodución de soportes gravados (un 27,2%) e coa de edición (21,4%). Séguenlles as actividades de creación, artísticas e de espectáculos, cun 18,2%, que ademais rexistran a maior suba, con 163 novas altas con respecto a 2014. Perde afiliacións a epígrafe que contabiliza os empregados de servizos de información, que pasa de 761 a 674. Os subsectores abranguidos son artes gráficas e reprodución de soportes gravados; edición; actividades de cinema e vídeo, TV e edición musical; actividades de programación e emisión de radio e TV; servizos de información; creacións artísticas; e bibliotecas, arquivos e museos.
ccg_emprego_cultural_galicia.jpgPor provincias, A Coruña continúa a ser a que concentra un maior número de afiliacións, o 59,4% dos empregado culturais, seguida de Pontevedra, cun 26,8%. Ourense é a provincia cun menor número de empregados de ámbito cultural, con 691 afiliacións.
Polo que atinxe ao paro, este baixou en 2015 nas principais actividades culturais en 552 persoas, co que se situou en 6.763 parados. Por profesións, os empregos relacionados coa “Información e comunicación” continúan a rexistrar as maiores baixadas, con 522 desempregados menos, mentres que na epígrafe das actividades artísticas, recreativas e entretemento se rexistran 30 desempregados menos. O informe tamén sinala que “o desemprego é maior nos homes (51,9%) que nas mulleres (48,1%) e, por idade, a franxa comprendida entre 25 e 49 anos continúa a rexistrar as maiores cotas de paro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?