O vindeiro 12 de maio ás 18:30 horas desenvolverase unha charla sobre a prevención da fraude dixital na Hospedería San Martín Pinario en Santiago de Compostela.
Esta sesión dirixida especialmente ao ámbito empresarial está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración con Prosegur, compañía da que é director global do Negocio de Ciberseguridade Isaac Gutiérrez Gómez, quen será o relator desta interesante sesión.
Os interesados en acudir deben inscribirse por correo electrónico.
O CPEIG organiza unha charla sobre a prevención das fraudes dixitais
Compartir Este Artigo

