Durante as últimas décadas non son poucas as persoas que desconfían dos efectos da telefonía móbil na saúde e, especialmente, no desenvolvemento de tumores cerebrais, pero a experiencia dinos que non temos que preocuparnos e agora chega tamén un completo estudio epidemiolóxico australiano que confirma a nosa intuición, tras analizar datos de 29 anos.
O uso de teléfonos móbiles en Australia iniciouse en 1987 e chegou ata o 94% en 2014, polo que de ter algunha incidencia no cancro cerebral debería terse reflectido dalgún xeito nos datos recollidos entre 1982 e 2013, pero resulta que no único grupo de ideade no que se incrementaron os tumores e o de persoas de entre 70 e 84 anos, nos que o incremento de casos comezou en 1982, antes da introdución dos móbiles no mercado (polo que consideran que se trata simplemente dunha mellora na detección da enfermidade nos anos 80 a que incrementou os casos rexistrados).
O informe é especialmente rigoroso dado que en Australia existen un rexistro estatal de cancro, que recolleu datos de 19.858 homes e 14.222 mulleres con tumores cerebrais entre 1982 e 2012, e ao contrastar esta información cos datos de uso de móbiles de 1987 en franxas de idade non puido atoparse ningún tipo de relación entre ambos parámetros. De feito, incluso chegan a concluír que entre os menores de 70 anos a incidencia do cancro cerebral está estabilizado.
Un informe australiano conclúe que non hai relación entre o cancro cerebral e a telefonía móbil
Compartir Este Artigo
