Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Feijóo inaugura o Multi-Foro Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Feijóo inaugura o Multi-Foro Industria 4.0

Redacción
Publicado: 09/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20160509_feijoo_01.jpgEntre hoxe e mañá estase a celebrar na nosa terra o Multi-Foro Industria 4.0, un evento que ten a finalidade de facilitar a adaptación das empresas industriais ás tecnoloxías da Industria 4.0, segundo apuntan os organizadores do encontro as tecnoloxías que van soster a economía do presente-futuro e que marcarán, a nivel de empresas, a diferenza entre sobrevivirmos no mercado ou esmorecer. O Multi-Foro arrancou hoxe no Centro Demostrador TIC de Santiago cun acto de inauguración oficial a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen recoñeceu que “a Industria 4.0 será o novo modelo económico para as vindeiras décadas” e fixo un chamamento, tamén, a xuntarmos forzas a prol dun obxectivo común: acadar os 50.000 empregos industriais, “de tal xeito que o sector represente o 20% do PIB ao remate da década”.
20160509_feijoo_02.jpgNa súa intervención, Feijóo sinalou que a Industria 4.0 é posible “grazas aos emprendedores e as empresas, aos que temos a obriga de axudar nos ámbitos da innovación e o emprendemento, a través de concursos de ideas, viveiros de empresas e unidades mixtas, pero tamén do asesoramento e o financiamento”.
Respecto do devandito e facendo fincapé nas accións presentes do seu Goberno, salientou a posta en marcha da Iniciativa de Captación de Investimentos 4.0, que pretende atraer grandes iniciativas tecnolóxicas con presupostos superiores aos 50 millóns de euros. Ao seu xuízo, trátase “dun programa pioneiro que busca capital privado a través dun co-finaciamento de ata o 40% para proxectos innovadores promovidos por empresas líderes; e que ten un exemplo no polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados creado en Rozas”.
Volvendo ao Multi-Foro, sinalar que conta con representantes dos gobernos galego e estatal, presentando os detalles da folla de ruta da Industria 4.0 para ámbalas administracións (un dos obxectivos de Feijóo, precisamente, na súa intervención). No Multi-Foro, amais de representantes do Goberno galego e do Goberno central (Ministerio de Industria) participan directivos das empresas Indra, Telefónica, Navantia ou Grupo PSA. Tamén achegan relatorios a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Centro Tecnolóxico Gradiant, EnergyLab ou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
20160509_feijoo_01-2.jpgPor temáticas, estes que citamos a continuación son os principais piares do Multi-Foro: nanotecnoloxía, robótica, fabricación aditiva, impresión en 3D, bioimpresión, realidade virtual, realidade aumentada, simuladores, computación, UAV ou drons.
Hoxe, as sesións técnicas comezan cunha cita coa empresa Anubía, que presenta un ERP para fábricas intelixentes, a continuación Appentra amosa unha nova xeración de contornas de programación na Industria 4.0. Conpas, pola súa banda, exporá un servizo de transporte flexible que se axusta a oferta coas esixencias do mercado en tempo real. Ademais, ILUX Visual Technologies amosará o seu Dashoboard 3D en tempo real para unha xestión intelixente.
O segundo bloque de sesións, comezará coa tecnoloxía para mercados financeiros de Qubitia e Situm presentará o seu software de localización GPS en interiores. Por último, Versabotics, amosará hoxe o seu sistema de programación e visión artificial que permite utilizar robots industrias e Xeométrica exporá un entorno fotográfico 360º interactivo para inspección e posta en valor de instalacións industriais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?