Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mancomún celebra a súa década estreando dominio .gal e preparando a renovación da súa web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mancomún celebra a súa década estreando dominio .gal e preparando a renovación da súa web

Redacción
Publicado: 10/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mancomun_gal.jpgO portal Mancomún da AMTEGA cumpre hoxe dez anos promovendo o software libre en galego na nosa comunidade autónoma e súmase aos 70 portais da Administración autonómica que xa empregan o dominio .gal en resposta ao compromiso recollido no Decreto que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e que foi aprobado en maio de 2015.
Mancomún naceu co obxectivo de ser o portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. e nestes dez anos Mancomún serviu de canle de comunicación pública na que informar das distintas iniciativas neste eido, non só da Administración Autonómica, senón tamén do resto de axentes promotores do software libre en Galicia; e proporcionar un conxunto integrado de servizos dirixidos a promover a difusión, formación, desenvolvemento … do software libre en Galicia.
Desde 2006 o portal fíxose eco dunhas 4.650 novas relacionadas co software libre e de particular interese para o sector publico, o sector empresarial e a cidadanía. Ademais publicáronse 40 entrevistas a empresas, persoas ou axentes de relevancia no eido do software libre. Nos últimos anos incorporáronse novas seccións, nas que se publicaron artigos tecnolóxicos e 22 números do boletín mensual de reutilización de software libre nas administracións públicas. Durante o ano 2015, o portal tivo unha media de 21.700 visitas mensuais cuns 3.900 visitantes distintos ao mes.
catalogoswl.pngO portal integra tamén outros servizos que a AMTEGA pon a disposición de toda a cidadanía para o fomento do software libre como o Repositorio Documental de Software Libre, no que se publicaron máis de 160 materiais formativos e divulgativos con licenza libre e en formatos abertos dende o 2010, e o Repositorio de Software Libre de Galicia ou Forxa, no que hai rexistrados un total de 310 proxectos, dos cales 18 son proxectos liberados pola Xunta de Galicia.
Coincidindo con este décimo aniversario, no último trimestre do ano está previsto publicar unha nova versión do portal, que renovará contidos e estruturas e adecuarase ao seu uso nos dispositivos móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?