Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada no CDTIC dará conta das axudas estatais para a dixitalización das PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada no CDTIC dará conta das axudas estatais para a dixitalización das PEME

Redacción
Publicado: 10/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cdtic_xornada_red.es_.jpgO Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) acolle o vindeiro xoves a xornada Súbete á nube, na que a entidade pública estatal Red.es presentará o seu programa de axudas para que PEME e autónomos incorporen solucións de Cloud Computing.
Durante a xornada explicaranse o detalle do programa Súbete a la nube, cuxa finalidade é ofrecer ás PEME e autónomos axudas de entre 635 e 15.000 euros para adopción de solucións tecnolóxicas na nube dentro do seu proceso de modernización. O prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria será do 18 de maio ata o 8 de xuño.
O experto en transformación dixital Mikel Diez Parra (Digital Transformation Lead en IBM) explicaralles aos asistentes as claves para modernizar os seus negocios, as vantaxes da computación na nube ou cloud computing. Ademais, neste encontro verase un conxunto de solucións cloud transversais a toda actividade económica: posto de usuario, xestión económica, xestión de negocio, relación con clientes, xestión do punto de venda, comercio electrónico, infraestrutura como servizo, plataforma de desenvolvemento como servizo ou central virtual.
A xornada está dirixida aquelas empresas interesadas en obter unha axuda económica para iniciar un proceso de dixitalización no seu negocio. Para asistir á xornada Súbete á nube é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC ou a través da aplicación móbil do CDTIC para iOS ou para Android.
A xornada está programada en función do seguinte horario:
9:45 horas – Recepción e rexistro de asistentes
10:00 horas – Benvida
Eladio Otero, xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica da AMTEGA
Mariano Tejedor. coordinador de Economía Dixital de Red.es
10:15 horas – Conferencia: Como me axuda o cloud no meu negocio?
Mikel Diez Parra, Digital Transformation Lead de IBM
10:45 horas – Como podo optar ás axudas do Programa de fomento da demanda de solucións de computación na nube para pequenas e medianas empresas?
Mariano Tejedor, coordinador de Economía Dixital de Red.es
Dúbidas e preguntas
11:15 horas – Café e networking
11:45 horas – Como mellorou o meu negocio despois de subirme á nube?
Exposición de casos de éxito sobre a implantación de solucións cloud.
12:15 horas – Preguntas e clausura do acto

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?