Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula TIC PEME organiza a novena edición do seu obradoiro en liña sobre xestión de relación cos clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula TIC PEME organiza a novena edición do seu obradoiro en liña sobre xestión de relación cos clientes

Redacción
Publicado: 11/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

crm.jpgEste mes a Aula TIC PEME da Universidade de Santiago (Campus de Lugo) vai organizar en datas vindeiras a novena edición do seu Taller Virtual sobre Xestión de Relación con Clientes con vTigerCRM. O obxectivo principal da Aula é seguir dando respostas formativas acaídas para o alumnado en materia de comunicación empresarial con clientes, “dada a gran aceptación que tivo a última convocatoria do curso”. O obradoiro diríxese sobre todo a PEME e autónomos, pero poderá cursalo calquera persoa interesada nestes ámbitos profesionais CRM. Trátase, coma nas anteriores edicións, dun taller cen por cen virtual, con contido baseado en vídeo titorías e actividades prácticas. Celebrarase entre o 20 de maio e o 30 de xuño deste ano.
O custe do obradoiro é de cincuenta euros, aínda que os alumnos e ex-alumnos da Universidade de Santiago terán á súa disposición un desconto do 50% no devandito importe (ao que cómpre engadir descontos grupais para grupos de 5 persoas). Para inscribirnos temos que encher o formulario correspondente habilitado pola Aula.
usc_aula_tic_peme_xestion_clientes.jpgRespecto do miolo do curso, sinalar que durante o desenvolvemento do taller empregarase a aplicación web de software libre vTigerCRM. Ademais doutras temáticas, o programa do obradoiro inclúe contidos sobre instalación e posta en marcha da aplicación vTigerCRM, familiarización coa contorna, manipulación dos rexistros (contactos e empresas), proceso de venda e post-venda, xestión de inventario, campañas de mercadotecnia, análise de datos, configuración do administrador e posta en marcha do portal do consumidor.
No que atinxe á metodoloxía elixida, lembrar que se trata dun obradoiro “eminentemente práctico”, baseado en software libre e de código aberto. Impartirase integramente de forma virtual a través dun espazo virtual habilitado para tal efecto. Cada semana proporanse unha serie de materiais compostos principalmente por vídeo-titorías explicativas das temáticas devanditas, de tal maneira que cada participante deberá revisar os materiais facilitados e completar as tarefas semanais para comprobar cal é o grao de aproveitamento dos módulos. Devanditos materiais atópanse totalmente actualizados á última versión de vTigerCRM dispoñible nestes intres (6.4.0).
Sinalar tamén que cada un dos participantes terá asignado un/a titor/a con a finalidade de que a atención sexa “o máis personalizada posible”. Doutra banda, o alumnado poderá facer uso de dous tipos de titorías: en tempo real (un día á semana fixarase un horario de atención en tempo real a través dun chat) e en tempo diferido (existirá un foro onde cada participante poderá presentar as súas dúbidas ou consultas, de tal forma que sexan resoltas polo titor/a nun prazo máximo de 48 horas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?