Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mondoñedo encarga á USC un proxecto dixital para impulsar e poñer en valor a vila
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mondoñedo encarga á USC un proxecto dixital para impulsar e poñer en valor a vila

Redacción
Publicado: 11/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_mondonedo-2.jpgOnte a Facultade de Humanidades do Campus Terra servía de marco para a sinatura dun convenio entre o reitor da USC, Juan Viaño, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, polo cal as dúas institucións unen forzas para o desenvolvemento do proxecto Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio, unha proposta encamiñada á realización do estudo do patrimonio cultural mindoniense e á súa posta en valor que prevese finalizada en decembro de 2018. Con esta idea dáselle ao municipio de Mondoñedo os instrumentos máis axeitados para a valorización dos recursos patrimoniais, históricos e culturais mindonienses, segundo indicou a alcaldesa.
En canto ás actuacións, serán desenvolvidas por un equipo dirixido polo profesor do Departamento de Historia da USC e secretario do Centro de Estudos de Historia da Cidade, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, tamén presente no acto de sinatura do acordo, nunha sesión na que tamén participaron os vicerreitores de Coordinación e Servizos Universitarios do campus de Lugo, Javier Bueno e Carme Silva; a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, e a tamén profesora da USC e directora do Centro de Estudos de Historia da Cidade, Ana Goy Diz.
E indo ao proxecto en cuestión, Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio, toma como punto de partida o estudo do patrimonio cultural mindoniense a través do recurso ás fontes documentais conservadas nos propios arquivos municipal e catedralicio mindoniense. Este baleirado documental inclúe tamén o rastrexo de novas e informacións que se puideran localizar, entre outros: no Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Histórico Nacional, Arquivo da Chancillería de Valladolid e mesmo no Arquivo Militar de Segovia.
Nunha primeira fase dos traballos, que se podería prolongar durante un período aproximado de seis meses, os investigadores do Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC procederán á recompilación e ao baleirado das fontes documentais existentes, así como de planos de épocas pasadas sobre a cidade de Mondoñedo (trazado das rúas, casas, edificios principais, fontes, cursos de auga, perímetro amurallado, vías de acceso…), festividades (San Xoán, As San Lucas…), vida cotiá (oficios, vestimenta, alimentación…).
De falarmos de beneficios deste proxecto, que conta cunha partida económica de máis de 60.000 euros, habería que salientar a posta en valor dos elementos patrimoniais da cidade de Mondoñedo, mediante a confección de paneis (estáticos ou mesmo imaxes) para informar ao visitante sobre o patrimonio mindoniense.
Asemade, a posta en marcha e sinalización de rutas históricas, etnográficas… serviría para conectar elementos patrimoniais e enclaves relevantes do concello e contribuír así á súa posta en valor, como podería ser o caso do castro de Zoñán. A creación dunha base de datos do patrimonio histórico e cultural mindoniense, a musealización in situ de determinados bens, a mellora da web municipal, a elaboración de vídeos de promoción da cidade e a disposición dunha ferramenta de asesoramento de grande utilidade para múltiples ámbitos, constitúen outras das posibles vantaxes que reportará o proxecto Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?