Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As novas tecnoloxías, piar básico da cuarta edición de Innterconecta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

As novas tecnoloxías, piar básico da cuarta edición de Innterconecta

Redacción
Publicado: 12/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

innterconecta.jpgHoxe celebrouse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a presentación da cuarta edición do programa FEDER Innterconecta. No acto participou o director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, que salientou que esta iniciativa permitirá á Xunta, a través destas axudas que xestiona o Centro Tecnolóxico Industrial (CDTI), “liderar proxectos innovadores en Galicia”. O novo Innterconecta está enmarcado na Estratexia de Especialización Intelixente, RIS 3; e no novo Plan de Actuación Xunta-CDTI. Ten como finalidade fomentar a cooperación en I+D entre comunidades mediante o desenvolvemento de novas tecnoloxías con proxección económica e comercial a nivel internacional.
A nosa é unha das seis comunidades participantes nesta nova convocatoria. Para esta, o CDTI mobilizará 50 millóns de euros para financiar durante o período 2016-2018 proxectos tecnolóxicos nos que participen consorcios empresariais.
As solicitudes para obter as axudas realizaranse a través da sede electrónica do CDTI (sede.cdti.gob.es). O prazo finalizará o 20 de xuño. Os proxectos poden responder a diferentes temáticas: saúde, cambio demográfico e benestar; seguridade e calidade alimentarias, actividade agraria e produtiva e sustentable, recursos naturais, investigación mariña e marítima; enerxía segura, eficiente e limpa; transporte intelixente, sustentable e integrado; acción sobre o cambio climático e eficiencia na utilización de recursos e materias primas; cambios e innovacións sociais; economía e sociedade dixital; e seguridade, protección e defensa.
A terceira edición do Innterconecta suma 144 empresas galegas, que participan en 67 proxectos innovadores que promoven o avance de Galicia en eidos como o agroalimentario, as novas tecnoloxías (TIC) ou o motor. Segundo fixo saber o director de GAIN, “Galicia captou o 40% dos fondos totais para España, sendo a segunda comunidade, despois de Andalucía, con maior número de proxectos aprobados e liderados”. Nas tres convocatorias anteriores do Innterconecta participaron un total de 172 proxectos na comunidade galega. Esta nova edición súmase a outros programas de innovación cos que conta a Xunta, como Conecta PEMES, que permiten traballar de forma conxunta a empresas, universidades e centros tecnolóxicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?