Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela estrea unha aplicación móbil para comunicar incidencias ao Concello
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela estrea unha aplicación móbil para comunicar incidencias ao Concello

Redacción
Publicado: 12/05/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

1463046546dsc00339_.jpgO Concello de Santiago pon en funcionamento unha aplicación móbil que facilitará que a cidadanía comunique as incidencias que detecten no termo municipal, segundo anunciou hoxe o edil de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, quen engadiu que este servizo chamado Liña Verde “ten como obxectivo axilizar a resolución de problemas relacionados fundamentalmente co equipamento urbano”.
A nova ferramenta pode descargase de balde da App Store e de Google Play, tendas de aplicacións nas que figura baixo o nome Línea Verde. Tras a súa instalación o usuario non ten máis que seleccionar o seu municipio e comunicar a incidencia que lle preocupe, engadindo unha fotografía e unha breve descrición. A aplicación inclúe varias categorías nas que incluír a incidencia, que estará xeolocalizada: auga, alumeado, lixo, medio ambiente e outros.
linea_verde_municipal.jpgXan Duro explicou que “a denuncia chegaralle directamente ao concelleiro responsable e, no seu caso, á empresa concesionaria do servizo”. A persoa que deu conta da incidencia recibirá no seu móbil os avisos dos pasos que se vaian dando para resolvela, e tamén unha notificación cando o tema estea solucionado. Ademais, o Concello poderá aproveitar a aplicación móbil para informar doutras cuestións de interese para a cidadanía, coma os cortes de tráfico.
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia amosouse convencido de que a aplicación Liña Verde facilitará a organización no Concello xa que axilizará a resolución das incidencias. Aínda así, advertiu que os problemas máis importantes, e que requiran maior investimento, non poderán ser resoltos de inmediato.
Xan Duro salientou que a aplicación móbil, que terá un custo anual para o Concello de 6.000 euros, permitirá “que os veciños e veciñas exerzan de vixiantes do estado da cidade, e colaboren na protección e no traballo para poñer ao día Compostela”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?