Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O GRUVI recunca cunha nova achega de equipos reciclados para entidades sen arela de lucro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O GRUVI recunca cunha nova achega de equipos reciclados para entidades sen arela de lucro

Redacción
Publicado: 12/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_computadores_ong.jpgA Universidade de Vigo e o seu Grupo de Reciclaxe Informática (GRUVI) seguen adiante co seu compromiso firme a prol das segundas e terceiras vidas para os computadores desbotados ou en desuso procedentes das comunidades universitarias da UVigo e das súas respectivas contornas. Con este fin veñen de abrir unha nova convocatoria para dotar ás asociacións e entidades de lucro que o desexen de equipamentos informáticos usados e postos a punto con ferramentas de software libre. Lembrar que en setembro abriuse o primeiro programa de reciclaxe e doazón e entregáronse máis de vinte, agora, con máis equipos xa recuperados, recibiranse peticións ata o vindeiro día 27 de maio.
Da recuperación e actualización dos equipos, procedentes dos tres Campus (Vigo, Pontevedra e Ourense), encárgase o Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo, GRUVI, unha iniciativa posta en marcha no curso 2005-2006 e da que xa se beneficiaron preto de medio millar de entidades. Como dixemos, un dos seus cometidos principais é fomentar a posta en valor de equipos que xa non se empregan: “Tentamos buscarlle segunda vida a material que para determinadas funcións ficou obsoleto pero que pode ser de gran utilidade para cubrir as necesidades de múltiples asociacións benéficas”, sinalan. Os equipos potencialmente útiles recóllense e trasládanse dende os distintos centros ata o obradoiro do GRUVI, na Facultade de Filoloxía e Tradución, onde o material seleccionado para o seu aproveitamento é reparado por un equipo de voluntarios e voluntarias, e con todo o material obtido móntanse equipos novos (PC, impresoras, escáneres, pantallas, ratos, teclados, etc). A mensaxe complementaria de todo este labor é clara: cómpre contrarrestrar, entre todas e todos e a un nivel integral, a tendencia imposta polo gran mercado de renovar a toda costa, e nos prazos máis breves posibles, o equipamento TIC que temos ao noso dispor.
Entre as entidades beneficiadas na ultima convocatoria houbo varias asociacións que agrupan a pacientes de diferentes enfermidades (parkinson, trastornos mentais…); colexios, asociacións de nais e pais e asociacións culturais; de loita contra os malos tratos e a prol da igualdade de xénero; escolas de música; asociacións de estudantes, deportivas, de cooperación…

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?