Windows 10 integra unha funcionalidade chamada Sensor Wi-Fi que permite que conectarnos automaticamente a redes sen fíos abertas ou compartidas por outros usuarios cos seus contactos a través de Sensor Wi-Fi, o que permitiría, por exemplo, acceder á Rede dende os fogares dos nosos amigos e familiares, sen ter que introducir complicados contrasinais, pero esta prestación non parece gozar do favor do público e, en vista do seu reducido uso, Microsoft decidiu aforrarse o ter que manter este código actualizado e anunciou que non vai continuar a desenvolvelo, de xeito que xa non estará presente na actualización de Windows 10 que chegará este verán, tal e como poder verse na última versión preliminar de Windows 10.
Esta nova versión de Windows 10 tamén incorpora melloras no soporte de extensións (que agora xa conta con algunhas tan demandadas como AdBlock e Adblock Plus) no navegador web Microsoft Edge, que tamén comeza a recibir notificacións web en tempo real e incorpora a posibilidade de volver á páxina web anterior mediante un xesto táctil (como se fai en dispositivos móbles). Tamén incorporan novidades como permitir ignorar notificacións dunha aplicación premendo o botón medio do rato e prepara o sistema para que poida configurarse que certas páxinas web se abran directamente cunha aplicación determinada que poderemos determinar.
Windows 10 eliminará o Sensor Wi-Fi
Compartir Este Artigo
