Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Brión lanza aplicacións para amosar ao mundo o seu potencial turístico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Brión lanza aplicacións para amosar ao mundo o seu potencial turístico

Redacción
Publicado: 16/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_brion_app_turismo.jpgO Concello de Brión vén de lanzar unha aplicación gratuíta para dispositivos móbiles destinada a amosar o mundo os reclamos e potenciais turísticos do termo municipal coruñés. A ferramenta, compatible con smartphones e tabletas, permite aos usuarios atopar todos os datos que precisen sobre os principais atractivos de Brión, “posibilitando a localización xeográfica e a visualización en imaxes dos mesmos”. E todo, engaden fontes do Concello, “dun xeito atractivo” e primando a sinxeleza. A aplicación xa se pode descargar para sistemas Android na tenda Google Play e tamén para iOS. Igualmente, está accesible na páxina web municipal, concellodebrion.gal.
appbrion4.jpgSegundo destaca o Concello ao fío dos esforzos postos en xogo para facela o máis doada posible, unha vez descargada e instalada, os usuarios poden comezar a usala “de xeito inmediato, sen máis requirimentos”. Ademais, os contidos do menú aparecen artellados de maneira intuitiva e de doado manexo: Arquitectura arqueolóxica (castros, megálitos, etc), Arquitectura civil (pazos, pontes, fontes, etc), Arquitectura militar (castelos), Arquitectura relixiosa (igrexas, capelas, cruceiros, etc), Patrimonio cultural, Patrimonio natural, Onde comer, Onde durmir, que facer (festividades, exposicións), Que ver (escolma de imaxes de lugares de interese turístico) e Servizos (servizos municipais, sanidade, emerxencias, hostalería, farmacias, etc).
Segundo lembra o Concello, en cada unha das categorías aparecen distintos lugares que podemos seleccionar para acceder ás fichas individuais de cada elemento. Nesas fichas figuran datos de interese, imaxes dos lugares, a súa localización xeográfica, así como a posibilidade de visualizar como chegar a eles grazas ao Google Maps. O acceso aos contidos pode facerse en galego e castelán, seleccionando a lingua preferida premendo na icona de configuración para cambiar o idioma do programa.
appbrion2.jpgAdemais do devandito, e co obxectivo de ir mellorando a ferramenta coa axuda de quen lle tire proveito, o Concello de Brión puxo unha conta de correo a disposición da veciñanza e dos usuarios da aplicación para que realicen suxestións de cara a solucionar carencias e corrixir posibles eivas ou atrancos. As suxestións deberán achegarse ao enderezo de correo appconcellodebrion@gmail.com.
A aplicación foi desenvolvida pola firma Sixtema para o Concello de Brión, que é a entidade encargada de administrar os contidos. Segundo destaca o Goberno local, esta nova app compleméntase arestora con Brión en rutas, que é outro recurso móbil que permite descubrir o termo municipal a través de tres roteiros: a Ruta das Igrexas e Cruceiros (que percorre Brión “de principio a fin descubrindo” a súa rica arquitectura relixiosa), a Ruta Arqueolóxica (castros, mámoas, pontes, as Torres de Altamira… Trátase dun percorrido pola historia local, “cargada de misterio”) e a Ruta turística de carácter xeral que nos leva polo “esencial” do concello.
Brión en Rutas foi desenvolvida pola empresa Ubiplay Mobile e funciona dun xeito distinto da anterior. Segundo informa o Concello, cando a executamos no noso dispositivo móbil, e grazas ao sistema de localización GPS, sitúa a nosa posición actual nun mapa xunto cos puntos de interese clave de cada unha das rutas recollidas nesta aplicación. Seleccionando un destes puntos, poderemos navegar cara el dentro da propia aplicación ou a través de Google Maps. En canto cheguemos ao punto de interese procurado a ferramenta actualizarase de maneira automática e amosaranos os datos precisos sobre o lugar no que nos atopamos.
Tanto a aplicación como os contidos das tres rutas están dispoñibles en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Porén, destacan dende o Concello e dende Ubiplay, é quen de adaptarse de forma automática ao idioma que ten configurado o usuario no teléfono.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?