Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Gaiás acolle este 17 un espectáculo multimedia para conmemorar a Manuel María
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Gaiás acolle este 17 un espectáculo multimedia para conmemorar a Manuel María

Redacción
Publicado: 16/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

letrasgalegasgaias.jpgO Monte Gaiás (Cidade da Cultura de Galicia, Santiago) será un dos eixes de actividade fundamentais da celebración do Día das Letras Galegas, este martes 17 de maio. De feito, da man da Consellería de Cultura e Educación, celebrarase alí unha homenaxe cidadá ao poeta chairego Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións, actividade nas redes sociais e un obradoiro de rap.
O recital colectivo comezará a partir das das 12:30 horas, na Sala Eisenman, coa actividade Verso busca voz, un acto no que todo aquel que o desexe recitará os poemas preferidos de Manuel María. “Ao mesmo tempo”, sinala a organización, “poderase gozar en directo coas improvisacións sonoras de Koroiev, alter ego do músico Roberto Casteleiro, e as videocreacións de DSK”.
Para participar neste recital colectivo, a Cidade da Cultura convida a todo aquel que o desexe a inscribirse en cidadedacultura.gal e indicar o poema ou poemas que lle gustaría recitar. As persoas que desexen asistir como público poderán achegarse á Sala Eisenman e gozar do espectáculo totalmente de balde.
Previamente, a Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá un Obradoiro de poesía e rap a cargo de Für alle Falle (Iñaki López e Vanesa Castro) para rapaces a partir de 8 anos. Partindo dos versos de Manuel María, os participantes “deixarán voar a súa imaxinación”, en palabras da organización, que salienta o potencial deste obradoiro para “dar lugar a novas composicións” que serán interpretadas logo no recital colectivo que terá lugar na Sala Eisenman. O obradoiro comezará ás 10:00 horas e a participación tamén é de balde, mais precisa inscrición en cidadedacultura.gal.
A mañá concluirá cun aperitivo literario no que os participantes en ambas as dúas actividades, así como o público asistente, poderán degustar zumes feitos a base de froitos do Courel da firma Caurelor, vermú de Petroni e olivas de Eidos de Iria.
A programación das Letras Galegas complétase co conto teatralizado Carteiro en bicicleta de Caxoto Contacontos. A actividade terá lugar o 22 de maio ás 18 horas no auditorio Xosé Neira Vilas e a entrada é libre ata completar aforo. O 29 de maio terá lugar na Biblioteca de Galicia o obradoiro A casa de Manuel María, no que nenos de 5 a 12 anos poderán ilustrar os poemas e textos do escritor homenaxeado, ademais de construír un libro despregable coas súas ilustracións. O obradoiro terá lugar ás 12 horas e a entrada é de balde previa inscrición en cidadedacultura.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?