Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae organiza en xuño un curso avanzado sobre mercadotecnia en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae organiza en xuño un curso avanzado sobre mercadotecnia en liña

Redacción
Publicado: 16/05/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mercadotecnia_en_lina.jpgVitae Consultores ten unha nova actividade formativa entre mans para os nosos profesionais que queiran subir chanzos de coñecemento en materia de mercadotecnia en liña. O Curso Estratexias Avanzadas en Marketing Dixital (información en formato PDF) celébrase na Coruña (Hotel Attica21) os días 10, 11, 17 e 18 de xuño e abrangue un total de 20 horas de contidos sobre os mellores métodos actuais de dar a coñecer ante o mercado mundial un produto ou servizo determinado. Segundo apuntan dende Vitae a conto dos porqués deste curso, “vivimos nun mundo no que todo muda moi axiña o seu aspecto, no que se satura aos usuarios e consumidores con milleiros de impactos, mensaxes push e alertas do día e no que diferenciármonos a captarmos a atención daqueles resulta cada vez máis complexo”. Cara a facilitar este labor (segmentando, dando coa canle axeitada, procurar o nicho máis acaído) é cara onde se dirixe, precisamente, este curso de Vitae.
Segundo se engade, un dos obxectivos é fomentar metodoloxías creativas para o aproveitamento dos recursos dixitais que estean ao noso alcance, metodoloxías que tamén pasan por unha busca xeral da eficacia, da optimización de tempos e da rendibilidade. “O curso”, explica Vitae, “inclúe un completo exame daquilo que funciona e é de utilidade, de como xa non abonda con sabermos empregar as ferramentas se non hai que achegarlles un valor nos procesos creativos da campañas, de como a personalización está cada vez máis á orde do día, e de como a innovación e a guerra entre plataformas ábrenos un universo de posibilidades que nos permiten dar resposta ao esixente consumidor que temos hoxe en día ante nós”.
Resumindo, os obxectivos do curso son os seguintes: por unha banda, axudarnos a acadar o coñecemento preciso para poder proxectar o noso negocio marca ou proxecto en liña, e, pola outra, optimizar as ferramentas, descubrir as novas sinerxías e sermos quen de deseñar, implementar e converter unha estratexia na contorna dixital.
A actividade formativa está dirixida a xerentes, directores e emprendedores profesionais de mercadotecnia ou outras áreas que desexen ampliar os seus coñecementos de mercadotecnia en liña. A metodoloxía a seguir alternará práctica e teoría, e todo “cunha dinámica colaborativa e participativa de debate e análises continuas”.
A encargada de impartir os contidos será Verónica Ramallal Trevín, licenciada en Comunicación Audiovisual e Máster na Escola de Medios pola UDC e La Voz de Galicia. No seu currículo atesoura máis de 12 anos de experiencia profesional no sector da comunicación especializándose na mercadotecnia dixital e as redes sociais. A día de hoxe está á fronte de varias empresas adicadas en exclusiva ao marketing en liña e as iniciativas de mercado 2.0.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?