Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG lanza un decálogo de recomendacións de ecommerce con motivo do Día de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG lanza un decálogo de recomendacións de ecommerce con motivo do Día de Internet

Redacción
Publicado: 18/05/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

seguridade_internet.jpgCon motivo do Día Internacional de Internet (este 17 de maio) o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) lanzou un comunicado-decálogo dirixido a “equiparnos” cunha serie de recursos e metodoloxías para desenvolvermos as mellores e máis seguras actividades nas TIC. Sobre todo no que se refire a facermos compras e levar a cabo operacións bancarias de toda índole: actividades nas que se decote comprometemos datos de natureza delicada que cómpre salvagardar, protexer e cifrar se é necesario.
O colexio que preside Marcos Mata abre o decálogo lembrando que, ante todo, os bancos e os sitios web onde facemos compras son ben recoñecibles, para comezar, porque nunca piden que o noso contrasinal nun corre electrónico para verificar a nosa identidade: “Nunca esixen que accedamos a un enderezo web e poñamos o noso contrasinal”.
Así, sinala o CPETIG, “todo tipo de email neste sentido debe ser considerado un fraude e ten que ser eliminado”. Asemade, continúa o Colexio, “non se poden fornecer as credencias de acceso por teléfono a ninguén, por moito que aseguren que chaman do banco”.
A continuación damos conta das restantes recomendacións.

    2. “Por desgraza o contrasinal mais empregado no mundo é 123456. Cómpren contrasinais fortes, que combinen letras maiúsculas e minúsculas con números. Non empregues o mesmo contrasinal para todos os sitios e cámbiao de vez en cando. Se tiveran acceso a el nunha páxina web calquera que non se poda empregar o mesmo contrasinal para acceder á túa banca online”.
    3. “Nas tendas en liña busca no aviso legal ou na política de privacidade a identidade do vendedor, o seu enderezo, o seu NIF. Que exista. Que haxa alguén identificable detrás. Se a tenda non che ofrece total confianza non fagas pagos coa tarxeta de crédito, emprega Paypal, tarxetas prepago ou contra reembolso”.
    4. “A maioría das entidades bancarias teñen tarxetas de crédito securizadas, que envían petición de confirmación das compras ao móbil antes de autorizalas e mesmo as hai que envían un SMS cada vez que se fai unha compra. Revisa a túa conta corrente con asiduidade e infórmate no te banco destas medidas adicionais de seguridade que podes empregar”.
    5. “Un antivirus excelente e con moita reputación non serve de nada se non o tes actualizado. Mantén as medidas de seguridade do equipo a punto, por exemplo, o corta lumes activado”.
    6. “Non empregues redes Wi-Fi públicas de balde para facer compras ou acceder ao teu banco. Calquera poderías estar á escoita”.
    7. “Se accedes cun computador público (hotel, biblioteca, ciber…) extrema as precaucións e se non ten máis remedio que usalos lembra sempre pechar as sesións do navegador, borrar a caché, e eliminar as cookies e calquera rastro teu de navegación”.
    8. “A maioría das entidades bancarias e sitios de comercio online grandes teñen certificados de seguridade instalados, busca o símbolo dunha pechadura na barra de enderezos do navegador. Se antes aparecía e agora non está desconfía que non esteas sendo enganado e che estean enviando a unha páxina copia da orixinal”.
    9. “Se participas en foros e páxinas web de todo tipo nas que deixas o teu enderezo electrónico, que sexa un específico para estes fins. Non empregues o mesmo email para comunicarte ou acceder ao teu banco”.
    10. “Cando escribas un correo para varias persoas emprega o campo CCO, doutro xeito estarás revelando o correo a todos os destinatarios. Ademais de ser unha conduta sancionable pola Axencia Española de Protección de Datos estás comprometendo a Privacidade dos demais e engadindo riscos a outros”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?