Movistar quere despedir o mes con interesantes novidades para os seus clientes, que afectan tanto ao servizo de televisión como aos paquetes combinados, supondo en ambos casos vantaxes que non afectan ao prezo do produto final, de aí que de seguro que vaian a ser benvidas.
Chega o Dolby Audio a Movistar+
Por unha banda temos a incorporación de Dolby Digital Plus nos servizos de televisión de Movistar+, de xeito que os usuarios do servizo de televisión poderá gozar dunha experiencia de son envolvente semellante ao dunha sala de cine, que axudará a dar vida a calquera película, serie o programa de televisión que teña son Dolby, como os principais programas nas canles de alta definición de Movistar (como #0 e as canles de cine e series de Canal+) e os contidos baixo demanda.
A incorporación do sinal Dolby irase facendo de xeito progresivo, mellorando así a experiencia dos usuarios que teñan un bo sistema de son doméstico, como pode ser un home cinema (5.1 ou 7.1) ou unha barra de son compatible, de xeito que a oferta audiovisual de Movistar non só coidará a definición da imaxe, senón tamén o realismo sonoro.
Liña móbil adicional con Movistar Fusión Contigo
Un dos paquetes máis populares de Movistar Fusión é o Contigo, e a partires do vindeiro mércores será aínda máis atractivo, xa que esta oferta básica de Fusión+ que conta con máis de 4 millóns de clientes incluirá a partires do día 1 e sen custo adicional unha segunda liña móbil que contará con 200 MB de datos e chamadas a 0 céntimos minuto (en vez dos 2 GB de datos e os 200 minutos en chamadas da liña móbil principal), como unha interesante opción para que un integrante máis da familia poida gozar dunha liña móbil sen ter que pagar unha cota mensual adicional.
