Xa sabemos cales serán os centros da rede CeMIT que concorrerán na segunda edición do proxecto de innovación socio-dixital CeMIT-Innova unha das iniciativas do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020. Segundo fai saber a Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), foron seleccionados os concellos e aulas CeMIT de Ares, A Bola, Celanova, Cuntis, Oroso, Mos, Ourense (A Molinera), Pontedeume e Santiago de Compostela. Os centros seleccionados por AMTEGA levarán a cabo (este ano) actividades tecnolóxicas de divulgación e formación que atendan ás necesidades de alfabetización da súa contorna. Máis en detalle serán actividades centradas no envellecemento activo, no pulo á empregabilidade, no impulso ao comercio ao turismo local ou no fomento da integración social dos colectivos en risco.
Polo que atinxe á achega da aula CeMIT de Ares, céntrase en boa medida no seu proxecto Ares GNU. Este proxecto busca mellorar o acceso e os coñecementos tecnolóxicos dos veciños do concello, a través da difusión, utilización e desenvolvemento do software libre en diversas actividades como un ciber encontro, o mapeado da cidade ou o desenvolvemento dunha aplicación móbil de servizos da aula.
O Concello de Pontedeume desenvolverá na súa aula CeMIT o proxecto That´s Pontedeume. Come Here!! para favorecer o envellecemento activo e o coñecemento da lingua inglesa, a través de unidades didácticas culturais sobre o patrimonio e a historia local. Todo iso utilizando Internet como medio de aprendizaxe.
En Oroso a aula CeMIT porá en marcha a Plataforma de e-commerce local, co obxectivo de crear un directorio de negocios, empresas e profesionais, cun comparador de produtos de consumo ou servizos locais, para promover economicamente o tecido empresarial con esta plataforma web.
Santiago traballará desde a súa Aula CeMIT na promoción da empregabilidade a través da intermediación, selección e adecuación profesional, co seu proxecto Anel de coñecemento, unha plataforma online de contidos e servizos dixitais para o emprego.
A aula CeMIT de Mos, a través do proxecto InnovaTIC Mos, proponse favorecer o acceso ao emprego a través de diversos servizos dixitais, así como favorecer a visualización das entidades asociativas, mediante a súa participación en redes sociais.
Pola súa banda, Cuntis traballará a través das TIC para favorecer a igualdade de oportunidades de persoas con necesidades especiais, dirixido á intervención socioeducativa co alumnado coas devanditas demandas por motivos de diversidade funcional ou cognitiva.
Desde Ourense para o mundo é o nome da iniciativa de traballo en rede e inclusión laboral que se vai desenvolver desde a aula CeMIT de Ourense (La Molinera) para a procura de oportunidades entre mozas con talento que se marchan ao estranxeiro e os emigrantes descendentes de españois que están noutros países e queiran volver.
A aula CeMIT de Celanova proponse mellorar a accesibilidade da cidadanía á información e aos servizos municipais, a través duna aplicación de dinamización cultural, empresarial e social APP Local.
O proxecto da Aula CeMIT da Bola, Teatro Dixital histórico-cultural, busca a promoción turística do concello a través da creación dunha canle de vídeo na Internet, dirixida a difundir as súas actividades culturais.
Plan de Inclusión Dixital de Galicia 202
O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 presentado o pasado 18 de maio perante os máis de 700 aliados cos que conta busca acadar “unha sociedade plenamente dixital formada e capacitada non uso das tecnoloxías, capaz de explotar e aproveitar todo ou potencial das TIC a nivel persoal, profesional e comunicativo”. Para conseguilo, ofrece á sociedade galega un servizo integral de dixitalización que abrangue desde as accións para a alfabetización dixital ata aquelas que permitan a calquera persoa, con independencia do nivel dixital non que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
Chegan novas iniciativas de inclusión dixital da man de nove centros CeMIT
Compartir Este Artigo

