Non son poucos os debates sobre os límites do humor ou sobre a liberdade de expresión e o dereito (ou non) ao anonimato na Rede, de aí que de cando en vez na Rede vexamos que, ante a posibilidade de conflito, algúns optar por abandonar o campo de batalla, e ao igual que hai preto de nove anos Aduaneiros Sem Froiteiras decidira botar o peche ante o que consideraban unha coacción xudicial, agora vemos como a polémica conta @masaenfurecida decide deixar a súa actividade en Twitter ante a necesidade de terse que identificar mediante un número de teléfono que suporía o adeus ao seu anonimato segundo comunicaron a través da revista Mongolia coa que colaboran.
No comunicado aseguran que “ante a proximidade da campaña electoral Twitter esíxenos un número de teléfono para comprobar a nosa identidade”, polo que optan por despedirse “definitivamente da política activa como Esperanza Aguirre”, engadindo moitas outras das mostras de sarcasmo e de provocacións coas que conseguiron xerar debatas absurdos ante usuarios que non eran capaces de entender o seu humor, como cando soltan arengas como “o galego non é un idioma” para pechar o seu discurso cun clásico: “Twitter é ETA”.
Queda por ver se estamos ante un adeus, ou ante un deica logo, pero polo momento xa conseguiron que esta plataforma de provocación en liña pechase un episodio da súa historia demostrando como cada medio ofrece novas posibilidades para o humor, aínda que moitos ollos non sexan quen de ver como tal os comentarios que superan certas barreiras auto-impostas.
@masaenfurecida deixa Twitter para manterse no anonimato
Compartir Este Artigo
