Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sada fai un chamamento ao empresariado local para integrarse na súa aplicación de turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sada fai un chamamento ao empresariado local para integrarse na súa aplicación de turismo

Redacción
Publicado: 15/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sada_app_presentacion_turismo.jpgA semana pasada o Concello de Sada organizou unha xuntanza cos empresarios locais para darlles a coñecer a aplicación que avanzamos previamente en Código Cero e que se dirixe a achegar un directorio empresarial web para favorecer o contacto multidireccional entre empresas e comercios locais, por unha banda, e veciñanza e turistas, pola outra. Na reunión participaron arredor de 60 persoas. Celebrouse na Capela de San Roque, onde se amosou o funcionamento da aplicación (que poderá estar dispoñible este verán) e as vantaxes para o tecido empresarial de Sada e contorna da súa inclusión na ferramenta móbil.
Esta ferramenta, fíxose saber, incluíra unha listaxe de empresas de comercio, industria e hostalaría, coa información que cada empresario queira achegar así como imaxes de cadanseu negocio. As firmas locais xa poden inscribirse na guía mediante unha enquisa en liña (a través da web sada.gal) ou ben mediante un formulario dispoñible na Oficina de Turismo ou na Concellaría de Promoción Económica.
Na reunión co tecido produtivo local participou Liss Suárez Becerra, responsable do departamento do Concello responsable da aplicación: a Concellería de Promoción Económica e Turismo. Segundo fixo saber, “o feito de que esta concellaría conte con datos actualizados para incluír na aplicación facilita o envío de información que podería ser de utilidade para o desenvolvemento da actividade comercial e empresarial”.
Ademais, Suárez Becerra convidou a todos os presentes e as empresas de Sada a integrárense na nova ferramenta dixital, unha novidade tecnolóxica, engadiu, “que está a ser moi ben recibida polos primeiros establecementos que están a formalizar a súa adhesión ao proxecto”. Segundo fixo saber, neste intre estanse a aplicar algunhas melloras na app, “antes de que estea operativa este verán”. Ao seu xuízo, estamos ante “unha ferramenta fundamental para promocionar integramente o concello desde o punto de vista turístico e para a promoción do tecido económico local”.
Na xuntanza houbo representación do sector de hostalaría, comercio e industria, e tamén do mercado municipal e das asociacións veciñais. Aos profesionais fíxoselles saber que poden inscribirse na guía empresarial ata o 30 de xuño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?