Nos últimos meses Twitter está a cumprir a súa promesa de mellora, para depurar o funcionamento da súa plataforma social e para facilitar o seu uso de cara á captación de novos usuarios, e esta semana son xa dúas as grandes novidades que incorporaron: facilitan o bloqueo de usuarios e permiten rechouchiar os chíos propios.
No que se refire ao control da experiencia en Twitter estes días presentaron novas ferramentas, de xeito que agora podemos silenciar (ocultar os chíos dun usuario concreto sen que a persoa que está detrás reciba unha notificación, ou sexa, que o obxecto do silencio non o saberá), bloquear (evita que un usuario concreto poida contactar contigo nin ler os teus chíos) e Reportar (para axudar a que Twitter sexa máis seguro poden denunciarse os comportamentos que infrinxen as normas de Twitter).
Dende Twitter advirten que ante acoso ou ameazas, cando un usuario o denuncie tomarán as seguintes medidas: primeiro eliminarán os chíos molestos para o usuario, logo revisarán se infrinxen as normas de Twitter e, finalmente, se os chíos ou o usuario infrinxen as normas a conta podería bloquearse ou suspenderse permanentemente.
A outra novidades, o poder rechouchíar ou citar os chíos propios, era algo que impedíase inicialmente por considerar que carecía de sentido, pero finalmente entenden que para os usuarios que queren repetir un contido ou lembrar unha comunicación anterior, resulta moito máis práctico facer un rechouchío que ter que copiar e pegar manualmente.
Como curiosidade temos que moitos usuarios, ao ver que Twitter decidiu mudar unha funcionalidade básica, saíron a lembrar a principal demanda dos usuarios durante toda a historia de Twitter: a posibilidade de editar chíos (xa que non hai xeito de modificar unha publicación de detectarse un erro ou unha falta ortográfica, resultando pouco axeitado borrar a mensaxe e volver publicala corrixida, xa que pérdense as interaccións coa mesma).
Twitter introduce importantes melloras esta semana
Compartir Este Artigo
