Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG felicita ao Concello de Pontevedra pola súa convocatoria de selección de profesionais TI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG felicita ao Concello de Pontevedra pola súa convocatoria de selección de profesionais TI

Redacción
Publicado: 29/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pontevedra_concello.jpgO Concello de Pontevedra vén de facer un traballo axeitado en materia de procura de profesionais TI. Máis polo miúdo, en todo o referente á súa recente convocatoria de prazas de enxeñeira/o en Informática. Así nolo conta o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG, que manifestou publicamente a súa satisfacción pola convocatoria emitida polo Consistorio e consistente nun proceso selectivo para ocupar as devanditas prazas. “Nela”, sinala o CPEIG, “a titulación requirida é a axustada ás funcións do posto, é dicir, o título de grao en Enxeñaría Informática ou equivalente”. Este proceso contrasta con outras iniciativas semellantes postas en marcha dende outras administracións e entidades públicas, que, en palabras do Colexio, “achegan procesos selectivos para os mesmos postos requirindo case calquera tipo de titulación”.
Fronte a isto, engade a entidade profesional galega, o Concello de Pontevedra actúa “de xeito rigoroso” para garantir o bo desempeño das funcións descritas nas bases da convocatoria.
A respecto do devandito, o Colexio lembra o recurso potestativo de reposición interposto polo CPEIG o pasado 26 de maio contra a Resolución nº8221/2016, do 19 de abril do mesmo ano, pola que a Deputación da Coruña convocou o proceso selectivo para elaborar unha listaxe de “aspirantes a nomeamentos e/ou contratacións de persoal laboral temporal para postos de Técnico/a superior de Informática”. A razón principal do recurso é que nas bases establécese como requisito unha serie de titulacións que “non garanten o bo desempeño do posto”, a xuízo do Colexio.
Entre outras licenciaturas, a Deputación da Coruña admite a de Psicoloxía, Socioloxía, Dereito, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo ou Económicas, ademais de posibilidade de que tamén se poidan presentar licenciados/as ou enxeñeiros/as en Informática. Para o CPEIG os sistemas informáticos ocúpanse de cuestións estratéxicas e de importancia vital na vida das persoas, polo que “teñen que deixarse en mans de xente que estea suficiente e correctamente preparada”.
Desde o CPEIG seguen a animar a todas as colexiadas e colexiados a que lle fagan chegar aquelas convocatorias de prazas de enxeñeiro/a en Informática que “non se axusten aos requisitos que defende”. O correo para realizar estas comunicacións é info@cpeig.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?