Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Francisco Botas amosa en Santander a folla de ruta dixital de Abanca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Francisco Botas amosa en Santander a folla de ruta dixital de Abanca

Redacción
Publicado: 01/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

abanca_francisco_botas.jpgO conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, estivo este xoves 30 en Santander para participar no seminario Desafíos da economía española, curso organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo co obxectivo de avaliar as expectativas actuais do país a través de “reflexións de destacados persoeiros da vida económica”. Baixo o título de A banca na era dixital: innovación e evolución, o relatorio presentado por Francisco Botas estivo centrado no proceso de transformación que a tecnoloxía, en combinación con outros factores, está a impulsar no sector financeiro. Na súa opinión, no novo escenario os bancos pasarán de ser fornecedores de transaccións e provedores de servizos financeiros a desempeñar un papel máis relevante e proactivo na vida diaria dos seus clientes “cun enfoque clientecéntrico” a través da “fórmula omnicanle”.
O conselleiro delegado lembrou que entre os fitos que van marcar os vieiros do tecido bancario a curto e medio prazo atópanse os seguintes: “A evolución tecnolóxica e de experiencia dos consumidores, a presenza de novos actores (grandes tecnolóxicas e startups fintech), a prevalencia de tipos en mínimos e a intensidade regulamentaria”.
Ao seu xuízo, a transformación das entidades financeiras tradicionais en bancas dixitais “non é só unha cuestión de eficiencia e transacción, senón que require transformar o modelo de negocio e relación co cliente, así como novos recursos e capacidades en tecnoloxía, procesos e persoas”. Neste senso e con estes obxectivos, sinalou, débense afrontar retos como o aproveitamento intelixente da información masiva, o que se coñece como Big Data, “elemento clave para xerar unha oferta de valor para o cliente”. Asemade, enumerou os seguintes desafíos a acometer: as novas necesidades tecnolóxicas derivadas do incremento das transaccións e os requirimentos de ciberseguridade, a creación dunha experiencia de cliente única para as diferentes canles dixitais e físicas (cun novo papel para a oficina bancaria) e a implantación dunha cultura innovadora que “xere unha nova forma de traballar nas organizacións”.
Sobre as actuacións concretas da compañía galega, Botas dixo que a entidade financeira “está a adoptar unha visión clientecéntrica para situarse como unha das bancas de referencia a través dun novo modelo de distribución omnicanle ao redor de diferentes canles como a oficina bancaria, a banca móbil, as oficinas a tempo parcial, as redes sociais, a banca electrónica, etc”. Ao fío disto, lembrou a implantación dunha nova axenda dixital baseada en tabletas Microsoft Surface con alta mobilidade e unha nova sistemática comercial que permiten un seguimento máis próximo. Ademais, a través da aplicación do Big Data, sinalou, Abanca “está a incrementar a súa capacidade para xestionar información, aproveitar fontes externas e explotar datos desestruturados”.
Polo que respecta á experiencia do cliente, recordou que a entidade galega dispón “da aplicación móbil de banca electrónica mellor valorada do mercado español por axilidade e prestacións” (estudo Mobile Banking Spain 2016) e avanza “cara á posibilidade de contratación 100% on-line dos seus produtos”. E engadiu: “A entidade dispón de solucións propias para retirar diñeiro ao instante sen necesidade de tarxeta nin transferencias (Abanca Cash) e enviar diñeiro axiña e doadamente de móbil a móbil sen número de conta (Abanca Pay)”. Ademais foi a segunda entidade europea en ofrecer o servizo de pago vía móbil Samsung Pay.
Fixo saber, por último, que a empresa investiu 82 millóns de euros en innovación e tecnoloxía. Ademais, dixo, o 40% dos clientes son usuarios dos servizos de banca electrónica, cun incremento de 8 puntos no último ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?