Google continúa a potenciar a tecnoloxía de casting que popularizou co seu Chromecast e que cada vez está dispoñible en máis televisores e dispositivos, e un paso importante para tal fin é o de permitir que o navegador web Chrome poida proxectar unha das súas pestanas directamente mediante esta tecnoloxía, o que facilita presentar imaxes o ordenador no televisor, e que ata o momento podía facerse instalando unha extensión de Chrome que engadía o botón de Google Cast ao navegador, pero que cos últimas versións de Chrome está a pasar a ser innecesaria, xa que a funcionalidade de realizar casting comeza a ser unha prestación básica de Chrome, de xeito que no propio menú da aplicación, xunto a opción de imprimir, moitos usuarios xa poden ver a opción de enviar (que realiza a retransmisión mediante streaming do contido desa pestana do navegador.
O menú que permite acceder á opción de enviar mediante Google Cast está accesible tanto dende o botón de menú do navegador web como premendo co botón dereito do rato sobre a páxina web activa actualmente. Esta nova posibilidade ten unha importante diferenza con respecto ao botón anterior, xa que carece da posibilidade de axustar a calidade do vídeo emitido, xa que de xeito predefinido o sistema funciona agora no modo automático (axustándose a frecuencia de refresco da imaxes e a súa resolución en función da calidade da conexión entre o ordenador e o receptor de Google Cast.
Dende a axuda de Chrome tamén dan conta de que á partires da versión 51 do navegador web tamén será posible proxectar o contido dunha pestana de Chrome nunha conversa de Hangouts de Google, o que é unha novidade bastante interesante para este sistema de comunicación en tempo real.
Chrome inicia a integración de xeito predeterminada de Google Cast
Compartir Este Artigo
