Dende o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) están a lembrar que o prazo para presentarse para o Premio á mellor Tese Doutoral Aplicada ao sector TIC enmarcado nos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016 organizados polo Colexio Oficial e a Asociacións de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG-AETG) estará aberto ata o 18 de xullo ás 9:00 horas.
O premio está dotado con 2.000 euros e pretende fomentar a realización de teses doutorais con potencial para achegar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento, así como para recoñecer aos investigadores das universidades galegas que completaran a súa tese de doutoramento nun eido aplicable ao sector TIC.
Na pasada edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, acto no que se realiza tradicionalmente a entrega de premios, entregouse o Premio Gradiant a Alberto Rico Alvariño pola súa tese titulada Cognitive and signal processing techniques for improved spectrum exploitation in wireless communications.
O Premio Gradiant á mellor tese de doutoramento pecha a recepción de memorias o 18 de xullo
Compartir Este Artigo
