Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imatia volve achegar estadías e formación avanzada aos universitarios de Telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imatia volve achegar estadías e formación avanzada aos universitarios de Telecomunicacións

Redacción
Publicado: 06/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

imatia_practicas_ontimize.jpgA empresa galega Imatia está a achegar novamente formación especializada para os nosos universitarios de Telecomunicacións. E faino apoiando boa parte desta actividade educativa no emprego de tecnoloxía de seu para o desenvolvemento de software, a tecnoloxía Ontimize. Esta achega formativa intégrase no compromiso de Imatia co mundo universitario e co talento local, un compromiso que se materializa cada ano e que volve abrollar estes días coa estadía na sede de Imatia de estudantes en prácticas do Grao de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicacións (Universidade de Vigo). A idea é permitir a estes futuros enxeñeiros un amplo achegamento ao que será o seu vindeiro traballo, ademais de achegar unha continuidade para a súa formación.
No curso deste ano participan 16 alumnos, dos cales 12 están na oficina de Imatia en Vigo e 4 na da Coruña. Todos eles reciben formación impartida por persoal da empresa, tanto acerca de Ontimize como doutras aplicacións relacionadas, co fin de aplicar logo os devanditos coñecementos adquiridos en diferentes tarefas a realizar durante as 240 horas que dura o seu período de prácticas.
Segundo informan os responsables de Imatia, “cremos que se trata dunha magnífica oportunidade para estes alumnos de Telecomunicacións, xa que é a súa toma de contacto co mundo empresarial ao que accederán en moi pouco tempo”. Ademais, a firma valora moi positivamente o feito de poderen traballar os alumnos con Ontimize, que é unha infraestrutura-marco corporativa que facilita o emprego das principais tecnoloxías usadas na actualidade para o desenvolvemento de aplicacións de negocio. Por exemplo, Angular, Java, CSS3, HTML5, Spring, Android, iOS. En palabras de Imatia, Ontimize “fornece un coñecemento que con toda seguridade será reaproveitado por estes estudantes durante a súa carreira profesional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?