Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Yuzz Santiago recoñece o potencial dun proxecto para deseñar eventos de pirotecnia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Yuzz Santiago recoñece o potencial dun proxecto para deseñar eventos de pirotecnia

Redacción
Publicado: 07/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

yuzz_santiago_premio_201.jpgYuzz Santiago, edición compostelá do programa universitario do mesmo nome, vén de entregar os seus galardóns. O acto celebrouse este mércores 6 no Paraninfo da Universidade. Nel puidemos saber que o emprendedor David Sánchez viaxará da man de Yuzz a Sillicon Valley tras ser elixido o seu proxecto, Pyrkaia Firing System (creación, deseño e xestión de espectáculos de pirotecnia), como o mellor da edición compostelá do programa. Nela traballaron durante cinco meses 25 emprendedores –seleccionados de entre máis de 70 solicitantes– para converter as súas ideas empresariais en proxectos.
Pyrkaia, informa a USC, brinda solucións tecnolóxicas orientadas ao sector de eventos pirotécnicos. O principal produto consiste nun programa informático de simulación dun espectáculo de música e pirotecnia cun software que permite deseñar e sincronizar milleiros de efectos pirotécnicos “cunha interface sinxela e clara”. Apóiase en tecnoloxías avanzadas de modelado en tres dimensións (3D) e en realidade virtual e, en base a isto, posibilita a visualización dun espectáculo previsto sen que se sexa preciso probalo. Isto, sinalou David Sánchez na presentación do seu desenvolvemento, “permitirá ás firmas de pirotecnia conseguir un aforro en custes de ata un 70 %”.
Os gañadores da sétima edición do programa Yuzz que dirixe CISE co patrocinio de Banco Santander e a colaboración en Santiago da USC e da Secretaría de Emprego da Xunta de Galicia, déronse a coñecer como dixemos no Paraninfo da Universidade. A entrega estivo presidida polo adxunto a reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, Manuel Cotos, e nela participaron ademais o subdirector xeral de Emprego, Juan José Lirón; o xerente de Institucións de Banco Santander, José Manuel Guinarte; a coordinadora do Centro Yuzz Santiago, Elena Pernas; e o representante da delegación de SECOT (Voluntariado Senior de Asesoramento Empresarial) na Coruña, Hilario de Pablos.
Os impulsores do Centro Yuzz Santiago tamén lembraron que nesta convocatoria serán dous os participantes gañadores da viaxe a Silicon Valley, xa que Andrea Aguilella conseguiu ser elixida co seu proxecto Enelatril ao ter gañado, como fixemos saber no seu día dende Código Cero, o concurso Este é o meu pitch do YuzzDay celebrado o pasado maio en Santander.
Logo da exposición pública dos proxectos en xuño, o xurado decidiu seleccionar tamén a Sadvia, unha axencia de asesoría científica creada polas emprendedoras Matilde Durán Lobato e Sofía Mendes Saraiva, como finalista de Santiago para o premio Yuzz Muller patrocinado pola Fundación EY dotado con 20.000 euros.
yuzz_santiago_premios_2016.jpgPola súa banda, a start-up e4Legal para desenvolver un entorno legal 4.0 que inclúe asesoramento financeiro impulsada por Antonio Padín resultou finalista para Yuzz Fintech e poderá optar a catro meses de aceleración da idea nos espazos de innovación da Cidade Grupo Santander.
Gallatbox, proxecto seleccionado como segundo finalista del Centro Yuzz Santiago, vén da man de Aitor Garcia Solla e consiste no desenvolvemento dunha solución hardware dun módulo integrable nos portátiles para optimizar a súa potencia gráfica.
O terceiro finalista local é MeetLab, co que os emprendedores Raquel Lama e Ramón Maceiras van desenvolver unha tenda en liña de servizos de biotecnoloxía. Ambos os dous disporán de 6 meses de acubillo virtual gratis na incubadora de empresas da USC Uninova.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?