Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As capacidades de I+D do CITIC oriéntanse a contornas smart e retos sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

As capacidades de I+D do CITIC oriéntanse a contornas smart e retos sociais

Redacción
Publicado: 11/07/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Exterior do centro de investigación TIC con sede no Campus da Coruña
Exterior do centro de investigación TIC con sede no Campus da Coruña
Dentro da Área Tecnolóxica de Arquitectura de Computadores, Sensórica e Comunicacións do CITIC desenvólvense proxectos relacionados con comunicacións sen fíos e 5G, localización e posicionamento en interiores, computación na nube, HPC (Computación de Alto Rendemento, polas súas siglas en inglés High Performance Computing) e sistemas distribuídos, computación gráfica ou testeo de software, entre outros. Esta Área, xunto ás outras dúas sobre as que se estrutura o Centro -Ciencia de Datos e información e Percepción, Cognición e Iteración- desenvólvense de maneira transversal sobre dous sectores funcionais: as contornas smart e mailos retos sociais.
A devandita organización responde á aposta do CITIC por sacar o maior partido ás súas capacidades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), impulsando a cooperación entre empresa e universidade, así como a comunidade científica internacional.
Nesta liña, o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Coruña leva anos traballando en proxectos que teñen unha base común: a tecnoloxía LiDAR –Light Detection and Ranging-, unha técnica que está a revolucionar todos os sectores de actividade, xa que permite determinar a distancia desde un emisor láser a un obxecto ou superficie mediante pulsos de láser, de tal maneira que estes poidan reproducirse nun mapa.
Un proceso LiDAR dá como resultado unha nube de puntos do terreo escaneado que pode acubillar ata miles de millóns deles, creando unha representación tridimensional do mesmo practicamente en tempo real. Trátase dunha base de datos de vértices nun sistema de coordenadas tridimensional, e os devanditos vértices representan puntos das superficies dos obxectos escaneados, que ademais poden acompañarse doutros datos, como a cor ou o índice de reflectividade. Atopámonos, pois, ante un gran reto en canto ao tratamento de grandes volumes de información.
Margarita Amor López é unha das investigadoras principais da Área Tecnolóxica de Arquitectura de Computadores, Sensórica e Comunicacións do CITIC, e leva varios anos traballando nun tecnoloxía de visualización de datos LiDAR na que se está a desenvolver unha aplicación web multiplataforma que permite a presentación e a interpretación a partir de datos LiDAR. O proxecto VGLiDAR, como así se coñece, incorpora ademais xeolocalización, cálculo e visualización dos datos de acordo a diversas propiedades, realidade aumentada ou a posibilidade de medir xeometrías marcadas polo usuario sobre unha imaxe en concreto, tales como alturas, traxectos, áreas ou volumes.
Esta aplicación ten, entre as súas principais novidades, a súa capacidade para adaptarse a todo tipo de dispositivos móbiles: computadores, tabletas, teléfonos, etc. “A visualización interactiva e en tempo real permitiranos navegar por unha realidade aumentada, de grandes terreos”, afirma Margarita.
E é que este proxecto exponse, nun inicio, para ser aplicado ao ámbito da enxeñaría agrónoma, aínda que hoxe en día podía ser de gran utilidade no ámbito das Cidades Intelixentes. Neste sentido, a tecnoloxía LiDAR achega unha vantaxe moi significativa respecto doutras, e é que os datos poden ser adquiridos en condicións atmosféricas non de todo favorables, por exemplo momentos nocturnos ou de visibilidade reducida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?