Dende hai uns meses Facebook está a promover os artigos instantáneos como unha solución para que os editores poidan achegar os seus contidos dun xeito máis áxil para dispositivos móbiles dende a propia aplicación de Facebook, como unha alternativa á web, o que tamén supón unha estratexia para fuxir dos bloqueadores de publicidade e tamén permite que Facebook poida facerse cun maior anaco do pastel publicitario á vez que retén aos seus usuarios dentro da súa aplicación e, para seguir avanzando na mesma liña, anuncia hoxe que está a integrar os artigos instantáneos no seu Messenger, de xeito que cando os usuarios compartan unha ligazón dunha publicación que estea dispoñible como artigo instantáneo, poderase ler sen saír da aplicación de Messenger, do mesmo xeito a como se facía na de Facebook.
Esta funcionalidade bota a andar na aplicación de Messenger para Android, e en poucas semanas chegará tamén á de iOS, deixando clara a intención de Facebook de impor esta solución que aseguran que permite que moitos artigos da web carguen ata 10 veces máis rápido no móbil.
Facebook leva os artigos instantáneos ao seu Messenger
Compartir Este Artigo
