Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Primeira xuntanza dos axentes que facilitarán a creación da Memoria Dixital de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Primeira xuntanza dos axentes que facilitarán a creación da Memoria Dixital de Galicia

Redacción
Publicado: 14/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160714_memoria_dixital_02.jpgO proxecto de Memoria Dixital de Galicia, aprobado polo Goberno galego o pasado 7 de xullo, celebrou hoxe a súa primeira xuntanza na Cidade da Cultura, que será onde se aloxará e custodiará esta estratexia impulsada dende o ámbito público a través da Consellería de Cultura e a AMTEGA, en colaboración coa sociedade galega e con todos os axentes implicados na xestión do patrimonio cultural galego, as chamadas Institucións da Memoria.
O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, abordaron cos representantes de 16 entidades galegas as liñas xerais do proxecto e as primeiras medidas que se porán en marcha.
20160714_memoria_dixital_01.jpgNesta primeira xuntanza participaron representantes do Parlamento de Galicia; da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP); das catro Deputacións provinciais; das Universidades da Coruña, Santiago e Vigo; da Real Academia Galega; da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario; da Real Academia Galega; do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; do Museo do Pobo Galego; da Compañía da Radio Televisión de Galicia e da Televisión Española en Galicia
A Xunta abrirá a finais de ano unha convocatoria de axudas por un importe de 800.000 euros para a dixitalización de fondos destinada a todas as entidades implicadas na conservación de fondos culturais. No mes de outubro verá a luz outra das iniciativas sobre chave da Memoria Dixital, a entrada en funcionamento do Arquivo Electrónico Patrimonial a cuxos fondos dixitalizados se poderá acceder desde un portal web.
A Memoria Dixital de Galicia conta cun orzamento público de 9,1 millóns de euros, dos cales 5 millóns proceden da cuarta liña estratéxica da Axenda Dixital de Galicia 2020, para impulsar a accesibilidade dixital do patrimonio cultural. Os 4,1 millóns restantes proveñen dunha candidatura conxunta da Xunta e 15 socios ao Programa Operativo Interreg para avanzar cara unha memoria dixital transfroteiriza Galicia-Norte de Portugal, aliñada coa Memoria Dixital de Galicia.
Unha das primeiras liñas de actuación contempladas na Memoria Dixital é a definición dun marco técnico común para todos os axentes e institucións involucrados na conservación do patrimonio, coa normativa, directrices, criterios e estándares para a dixitalización e preservación dos elementos patrimoniais.
O proxecto da implica aplicar a innovación tecnolóxica actual e futura a todo o ciclo de vida da preservación do patrimonio e da xestión da actividade cultural. Así, o uso de sistemas de información xeográfica para xeorreferenciar os elementos do patrimonio cultural material e inmaterial, o emprego de técnicas de dixitalización en 2D e 3D, de solucións en mobilidade e a realidade aumentada e do Big Data e Linked Open Data serán esenciais no novo modelo de xestión do legado cultural de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?