Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Servizo 010 do Concello de Lugo xestionou este ano máis de 2.300 correos electrónicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Servizo 010 do Concello de Lugo xestionou este ano máis de 2.300 correos electrónicos

Redacción
Publicado: 19/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_lugo.jpgO Servizo de Información 010 do Concello de Lugo vén de achegar un balance positivo de actovodade, pois arredor de 29.000 persoas contactaron con esta plataforma no primeiro semestre do ano, 2.000 persoas máis que o mesmo período do pasado 2015. Este servizo de atención cidadán que xestiona a firma Balidea recibiu máis de 26.600 chamadas dende xaneiro a xuño e xestionou máis de 2.300 correos electrónicos, un 35% máis de peticións por esta vía que o primeiro semestre do pasado ano, a maioría delas solicitando un servizo de intérprete de lingua de signos. De facermos un resumo dende a posta en marcha do 010, as consultas atendidas dende aquela ascenden a máis de 900.000, ben vía telefónica, ben a través de enderezo electrónico.
E cales foron os meses de maior volume de chamadas neste primeiro semestre do ano? Pois como aconteceu en anos anteriores, maio e xuño, unhas 5.820, con motivo da celebración da festa do Arde Lvcvs.
O servizo 010 conta cun horario de luns a venres de 08:30 a 20:30 horas e os sábados, de 09 a 14 horas, recibindo unha media de 5.200 chamadas mensuais, a maior parte para dar avisos das distintas incidencias no funcionamento de servizos públicos, como atoamentos nas redes de sumidoiros ou avarías no subministro da auga, así como para demandar información municipal ou información de actividades realizadas por entidades colaboradoras do Concello. Alén disto, tamén se realizan chamadas relacionadas coa xestión e trámites como as inscricións para actividades, por exemplo.
Emporiso, o 010 tamén achega información por outros medios, como as redes sociais ou a mensaxería. O número de persoas inscritas no servizo de mensaxería de balde a través do correo electrónico é de 3.250, e no de mensaxes de texto ao móbil, 1.950. En canto ás redes sociais, o 010 está presente en Facebook, Twitter e YouTube. Ditas canles contan con preto de 2.300 seguidores, un milleiro máis que o primeiro semestre do 2015.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?