Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pulo ao proxecto Civil UAVs Initiative
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pulo ao proxecto Civil UAVs Initiative

Redacción
Publicado: 19/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

civil_uav_initiative.jpgO Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia está a impulsar Civil UAVs Initiative, un proxecto que quer empregar Vehículos Aéreos Non Tripulados (UAVs), de xeito especial drons, no ámbito civil e aplicalos na mellora dos servizos públicos, como exemplo: a extinción de incendios forestais ou a axuda no rescate de persoas en situacións de difícil acceso. A pasada semana asinábase o acordo entre o Ministerio de Economía e Competitividade, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) de cara a promover a investigación en tecnoloxía aeronáutica de uso.
O dito proxecto ascende a 24 millóns de euros e forma parte do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), un novo núcleo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados en Lugo. No Workshop Civil UAVs Initiative están tomando parte compañías como Airbus, Boeing, Agusta Westland, Elbit Systems ou Inaer.
Aos 45 millóns encamiñados á contratación dun ou varios socios industriais, así como a compra de tecnoloxía, hai que sumarlle os 10 millóns que INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial) e a Xunta están a investir no equipamento do CIAR. O Ministerio de Economía e Competitividade achegará 19,2 millóns de euros coa co-financiamento FEDER, mentres que GAIN e AMTEGA achegarán 4,8 millóns de adicionais.
Como lembraremos, o proxecto Civil UAVs Initiative foi recoñecido recentemente polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Os membros da entidade tiveron en conta, para a concesión deste galardón, que o parque industrial e tecnolóxico das Rozas, a desenvolverse ao abeiro da Civil UAVs Initiative, situará a Galicia como un dos polos xeográficos líderes a nivel mundial no desenvolvemento e fabricación de avións non tripulados de ámbito civil. Conformarase ademais un centro punteiro de I+D+i especializado nun sector innovador no que as enxeñeiras e os enxeñeiros en Informática realizarán achegas fundamentais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?