Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense estrea web con información do servizo de recollida de lixo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense estrea web con información do servizo de recollida de lixo

Redacción
Publicado: 20/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_ourense_app_lixo.jpgEste 19 de xullo a Deputación de Ourense presentaba unha páxina web onde se recompila toda a información relativa ao servizo de recollida de lixo nos concellos da provincia de Ourense adheridos aos convenios entre administracións (limpourense.depourense.es), a estrea tiña lugar no Pazo Provincial e a súa finalidade é a de “proporcionar información clara e estruturada dos diferentes datos nesta materia que o goberno provincial xestiona, tales como infraestruturas, medios, proxectos realizados, datos de recollida, entre outros aspectos”, segundo o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, presente no evento da inauguración da web acompañado polo xefe de sección de Residuos e Enerxía da Deputación, Miguel Reza.
Dende un aspecto máis técnico, con esta plataforma dixital, afirmaba Pablo Pérez, “os usuarios poderán visualizar a páxina en galego, castelán e inglés”. Segundo fixo saber, a feitura da web atende estritamente aos criterios recollidos no Manual básico de imaxe corporativa da Deputación de Ourense. Asemade, engadiu, o portal “ten capacidade para representar, tratar e acubillar toda a información achegada en datos e en puntos xeográficos e, será compatible cos navegadores actuais sendo posible consultar a páxina dende tódolos dispositivos móbiles”. Pola súa banda, Miguel Reza salientou que “a estrutura e arquitectura desta web resulta de doado manexo para que todos os usuarios poidan acceder á toda información relacionada con este servizo”.
A día de hoxe, a Deputación de Ourense xestiona en réxime de competencia delegada, o servizo intermunicipal de recollida de lixo en diferentes puntos da xeografía ourensá. A maiores encárgase da xestión dos servizos complementarios intermunicipais delegados de recollida selectiva e dos puntos limpos, así como de servizo supramunicipal de transferencia de residuos sólidos urbanos e servizo provincial de lavado de contedores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?