O xigante do comercio electrónico Amazon continúa avanzando decididamente no que é un dos seus puntos máis fortes, a loxística, e anuncia o lanzamento de Prime Now en Madrid, que é unha nova vantaxe para os clientes de Amazon Premium que achega máis de 18.000 produtos que poderán recibirse nunha hora por 5,90 euros ou de balde en 2 horas para pedidos mínimos de 19 euros.
Prime Now está dispoñible polo momento en Madrid e 21 localidades dos arredores, o que facilita que os clientes de Amazon podan facerse con produtos de uso diario como alimentos frescos, refrixerados, conxelados, bebidas, produtos de bebé, artigos de beleza e coidado persoal, libros videoxogos, smartphones… a golpe de clic e en só 60 minutos.
Este servizo xa leva tempo operativo en cidades como New York, Londres, Berlín e Tokyo, e agora chega a Madrid para demostrar que as entregas a domicilio poden ser aínda máis áxiles, incrementando a competencia no sector e subindo considerablemente o nivel da loxística, obrigando a que o sector do comercio electrónico teña que reaccionar se quere evitar verse devorado polo xigante norteamericano.
Amazon.es xa fai entregas nunha hora en Madrid
Compartir Este Artigo
