Unha das plataformas de comunicación persoal na Rede de referencia é dende hai moito tempo Skype, que está a adaptarse aos novos tempos pasando de ser unha aplicación de comunicación punto a punto a contar cunha arquitectura baseada na nube que opera con facilidade en dispositivos móbiles e incluso en navegadores web sen o uso de engadidos, ao que hai que sumar innovacións como as chamadas en grupo ou a tradución en tempo real. E para seguir avanzando a bo ritmo decidiron comezar a soltar lastre, de xeito que instan aos usuarios a empregar as últimas versións da aplicación e sitúa un novo chan para o uso da ferramenta, que agora precisará como mínimo dun ordenador con Windows XP SP3 ou OS X 10.9 ou un dispositivo móbil con iOS 8 ou Android 4.0.3, o que pode lembrar á limpeza que prepara WhatsApp para final de ano, e que sorprende non só por deixar de lado a moitos dispositivos móbiles vellos, senón tamén por abandonar o soporte de Windows Phone 8.1 e Windows RT, coa curiosidade de que nos equipos nos que Skype deixa de funcionar como aplicación a partires do mes de outubro si estará accesible o servizo vía web, deixando claro o compromiso de Microsoft coa nube.
En outubro Skype deixará de funcionar en Windows Phone e Windows RT
Compartir Este Artigo
