Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta potenciará a formación en TIC nas PEME e os centros tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta potenciará a formación en TIC nas PEME e os centros tecnolóxicos

Redacción
Publicado: 21/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20160721_feijoo_03.jpgO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, avanzou hoxe que o Goberno galego porá en marcha un novo programa que, dotado cunha contía de preto dun millón de euros, impulsará a formación en TIC de máis de 4.000 empregados das PEME galegas que recibirán formación específica que promoverán clústers e centros tecnolóxicos relacionados coa fábrica intelixente.
“Estamos a falar dun programa para que os mandos intermedios das PEME sexan formados en eidos necesarios para desenvolver a fábrica intelixente como: robótica, o Big Data, o Internet das Cousas, a ciberseguridade, Loxística 4.0 ou vehículos autónomos, así como servizos de xestión e organización empresarial”, explicou Feijoo, ao que engadiu que ademais de beneficiar directamente aos 4.000 traballadores, contribuirán a que as empresas avancen no camiño cara o tecido empresarial intelixente que promove a Xunta a través do desenvolvemento da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.
As axudas deste programa cubrirán o 50% do custo das accións formativas. E, en cada iniciativa, deberán participar un mínimo de 5 traballadores de PEME con centro de traballo ou sede social en Galicia, ademais de contar cunha duración presencial mínima de 30 horas para cada participante.

Novos investimentos nos centros tecnolóxicos da UDC

20160721_feijoo_01.jpgFeijoo tamén anunciou tras o Consello da Xunta que destinaranse 1,8 millóns de euros a mellorar o Centro de investigación tecnolóxica de edificación e enxeñaría civil (CITEEC), o Centro de investigacións científicas avanzadas (CICA), o Edificio de servizos centrais de investigación-Servizos de apoio á investigación (ESCI-SAI) e o Centro de investigación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC), todos eles dependentes da Universidade da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?