Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense impulsa a súa nova marca a través de Ourensania.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense impulsa a súa nova marca a través de Ourensania.gal

Redacción
Publicado: 22/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ourensania.jpgA Deputación de Ourense presentou esta semana a nova marca para a provincia e máis a nova web que serve de acubillo e presentación dese distintivo. Falamos de www.ourensania.gal, onde se detalla todo o referente a este novo xeito de promover a provincia da man da institución que preside Manuel Baltar, que na presentación celebrada no Centro Cultura Marcos Valcárcel dixo que se trata “dun distintivo que pon en valor a identidade dun territorio e das súas xentes, e que convida ao futuro con positividade e optimismo, crendo nas potencialidades e singularidades que ten a nosa provincia”. No acto tamén participou o xornalista ourensán Marco Rocha e máis Silvia Fraga, directora de Stem Comunicación, deseñadora da campaña.
Baltar explicou que o termo Ourensanía vén da man do escritor Luis González Tosar (a quen lle adicou palabras de agradecemento), e lembrou tamén que “Ourense ten innumerables razóns para sentir orgullo, e agora temos unha imaxe que nos identifica, un símbolo que é a visualización da provincia na que cremos, unha provincia de futuro e en positivo”,
Pola súa banda, Marco Rocha salientou a importancia “de ser e sentirmos ourensáns aló onde esteamos, levando con orgullo a lembranza da terra á que pertencemos”, e Silvia Fraga explicou que o desenvolvemento da imaxe da marca Ourense “tiña xa moito camiño andado pois a Ourensanía é algo que xa existe, e como creadores de marca o que fixemos foi darlle forma a ese sentimento”. A creativa comentou que as cores do logotipo (laranxa, azul, morado, verde e branco), aplicables tamén á presenza web da nova marca, “representan a terra, os ríos a auga e o termalismo de Ourense, unidos ao símbolo espiritual e de tradición desta provincia e tamén á natureza e a neve”.
Segundo se fai saber no espazo web no que se resume a nova imaxe de provincia, “a Ourensanía é unha forma de vivir e de facer dun pobo, o ourensán”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?