Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros tecnolóxicos de ATIGA amosan as vantaxes de competitivas de traballaren ao carón das empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros tecnolóxicos de ATIGA amosan as vantaxes de competitivas de traballaren ao carón das empresas

Redacción
Publicado: 26/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atica_xornada_gradiant.jpgA semana pasada celebrouse en Nigrán a Xornada Innovación Tecnolóxica e Competitividade, organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN). Ao encontro, celebrado no Centro de Negocios CZFV en Porto do Molle asistiron máis de medio centenar de empresarios e profesionais de diferentes eidos galegos de produtividade. Puideron dar conta, mediante exposicións de casos concretos de iniciativas innovadoras de empresas e centros tecnolóxicos, de metodoloxías prácticas de colaboración de probada utilidade. Como lembraremos, ATIGA (Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia) é unha fronte común integrada por Gradiant, ITG, AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CTAG e EnergyLab, sendo o seu obxectivo operar como aliado estratéxico referencial para o empresariado galego en materia de Investigación e Desenvolvemento.
Juan Manuel Vieites, presidente de ATIGA, salientou a estreita vinculación do sector privado cos centros tecnolóxicos integrados na Alianza. A este respecto forneceu un dato relevante: o 71,2% dos seus ingresos totais proceden da facturación a empresas. Tamén amosou o cometido que están a despregar os centros tecnolóxicos no marco do Programa Horizonte 2020, contribuíndo a unha maior implicación das empresas industriais. De feito, salientou, “a participación deste tipo de compañías en proxectos de innovación elévase de media ao 31,2% cando hai centros tecnolóxicos dentro da iniciativa”.
Na xornada tamén participou Jorge Barrero, director xeral da Fundación COTEC, quen explicou que a I+D española ten no cambio de paradigma unha gran oportunidade de despuntar, “xa que o novo modelo de innovación aberta e colaborativa que se está a consolidar adáptase mellor á forma de traballar de centros de investigación e empresas españolas que outras fórmulas que apostan por estruturas máis pechadas e xerarquizadas”.
Así mesmo, os centros tecnolóxicos de ATIGA e as empresas Selmark, Borgwarner, Hermasa, Centum Research & Technology e Cooperativa Os Irmandiños, expuxeron diferentes recursos e pautas para artellar frutíferas relacións de cooperación en materia de I+D. As compañías coincidiron en salientar o valor do esforzo que realizan os centros tecnolóxicos para entender as súas necesidades e buscar solucións innovadoras concretas, adaptar tecnoloxías existentes ao seu sector e adiantarse e ofrecer desenvolvementos que lles permitiron destacar no mercado.
Sonia Pazos, directora de Centros de GAIN explicou o novo contexto no que teñen que competir as empresas e resaltou a importancia da cooperación tecnolóxica e empresarial para acceder a oportunidades de maior alcance e impacto. Así mesmo, indicou que “o Goberno galego ten na transferencia de resultados de investigación á empresa uno dos eixos fundamentais de impulso da innovación, para a cal se apoia aos centros tecnolóxicos no seu papel de aliados tecnolóxicos do tecido empresarial, impulsando a competitividade e o crecemento económico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?