Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turismo de Viveiro lanza web oficial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Turismo de Viveiro lanza web oficial

Redacción
Publicado: 26/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

viveiro_turismo.jpgDende o pasado 22 de xullo está dispoñible e operativa, a pleno rendemento, a páxina web oficial de Turismo de Viveiro. O desenvolvemento e lanzamento do sitio, accesible en viveiroturismo.com e en viveviveiro.com, insírese nunha política local de reforzo da actividade turística da que tamén abrollaron outros recursos complementarios (un novo folleto para visitantes, unha peza audiovisual específica, o pulo da marca turística Vive Viveiro ou os diferentes traballos para emprazar a vila lucense nos espazos en liña máis referenciais). A nova web, sinala o Concello, salienta por achegar “información clara e concisa dos distintos valores turísticos de Viveiro”, con tecnoloxía actualizada, dunha maneira visual e xeoreferenciada. Ademais, fornécese plenamente adaptada para permitir unha óptima navegación en dispositivos intelixentes, PC ou tabletas (web responsive).
“Con esta nova web”, explicou a alcaldesa, María Loureiro, “damos un gran salto cualitativo na promoción do concello no seu conxunto e poñemos en mans do sector, dos visitantes e turistas unha ferramenta de xeoposicionamento dos valores turísticos de Viveiro e incluso do entorno”. Segundo engade, a páxina tira proveito da tecnoloxía máis usada en internet, a de Google, que permite emprazar por GPS os distintos valores ou recursos turísticos, “posibilitando aos usuarios da web descargar os recursos nos seus dispositivos podendo calcular a súa distancia e a ruta para poder chegar a eles sen erro ningún”. Na súa opinión, “xeoreferenciación dos valores, recursos turísticos, rutas, aloxamentos e servizos fan de Viveiro un destino intelixente”. Tamén lembrou que o traballo de contido na súa totalidade e estruturación foi realizado pola consultoría turística Acturimo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?