Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone e IBM impulsarán un centro tecnolóxico-social en Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone e IBM impulsarán un centro tecnolóxico-social en Ourense

Redacción
Publicado: 26/07/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

depu_ourense_ibm_vodafone.jpgSeguimos dando conta do compromiso recente de Vodafone coa nosa terra, logo de anunciar a semana pasada a súa colaboración coa Xunta para crear no Gaiás nunha iniciativa de apoio ás tecnoloxías universais e accesibles. Segundo puidemos saber, a operadora de telecomunicacións tamén vai colaborar estreitamente coa Deputación de Ourense para impulsar as novas tecnoloxías sociais e accesibles dende a provincia e xerar emprego de calidade. Farao en cooperación, tamén, coa multinacional IBM. Segundo informou a entidade que preside Manuel Baltar, as dúas compañías “impulsarán a creación dun centro tecnolóxico para a innovación, co obxectivo de crear novas oportunidades de progreso económico e social na provincia”. O convenio de colaboración Provincia Intelixente asinouse o pasado venres.
O acordo foi formalizado polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar; o director xeral de Vodafone España, Diego Torrico, e a directora de Tecnoloxía e Innovación de IBM España, Elisa Martín. Baltar dixo na súa intervención que a sinatura deste convenio entre a Deputación de Ourense e dúas compañías punteiras da tecnoloxía mundial “permitirá establecer estratexias no ámbito da innovación para o desenvolvemento tecnolóxico da provincia de Ourense”. Segundo engadiu e salientaron tamén os ditos directivos, esta alianza ten a súa razón de ser “na innovación que a Deputación de Ourense leva a cabo nas iniciativas de servizos cidadáns, ofrecendo á veciñanza mellores e máis accesibles servizos con independencia do lugar no que residan, sexa na capital, ou en calquera outro punto xeográfico da provincia de Ourense”.
Nun plano máis concreto, o convenio Provincia Intelixente ten como finalidade establecer novas vías de traballo entre a Deputación de Ourense, Vodafone e IBM mediante “un uso innovador das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC)” para consolidar “un novo modelo produtivo que mellore a actividade económica e a creación de emprego na provincia de Ourense”. O desenvolvemento da iniciativa abranguerá sesións de divulgación e formación para analizar os principais factores que poden impulsar a “transformación dixital de Ourense”, explicou Baltar, que lembrou que os concellos recibiran ao abeiro destes traballos asesoramento e consultoría específica para levar a cabo accións de innovación dixital nas súas respectivas áreas de actuación.
O miolo do acordo é a futura creación dun Centro Tecnolóxico en Ourense, para o cal encetarase un estudo de viabilidade. Este centro tería como fin o desenvolvemento do Sistema de Xestión e Operacións Municipais da Provincia de Ourense, ademais de ser un núcleo integrador de actividades que desenvolvan tecnoloxías de última xeración. Por exemplo recursos baseados na Internet das Cousas e aplicacións móbiles cidadáns.
Segundo engadiron, o acordo de colaboración tamén está aberto á participación de terceiras institucións e empresas, así como a entidades estatais e internacionais que desexen contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico da provincia.
O convenio asinado permitirá, en palabras de Manuel Baltar, “pór a disposición da Administración Provincial e dos concellos as últimas tecnoloxías da información e analizar o seu posible impacto con dous focos principais: mellorar a eficiencia da Administración e a relación cos cidadáns”. Tamén recordou que á primeira vez que Vodafone, IBM e a Deputación de Ourense unen as súas estratexias nun modelo de Provincia Intelixente.
Pola súa banda, Diego Torrico, director xeral de Vodafone España, amosou a súa satisfacción por “formar parte desta iniciativa para fomentar o desenvolvemento tecnolóxico de Ourense, e converter a esta provincia nun referente en transformación dixital”. Con este acordo –engadiu- “queremos dotar a provincia dos servizos máis innovadores con todas as posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías”.
Finalmente, Elisa Martín Garijo, directora de Tecnoloxía e Innovación de IBM España, dixo que o convenio asinado “é unha iniciativa para crear oportunidades, porque a estes tres socios de viaxe tecnolóxico únenos a palabra innovación”. E engadiu: “As cousas acontecen onde están os recursos e iso atrae ao talento; somos parte da provincia de Ourense e queremos seguir apostando por ela, porque sabemos do seu espírito e talento tecnolóxico, e aquí desexamos levar a cabo este espazo de innovación en favor dos cidadáns e das empresas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?