Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CEC aposta pola gamificación para o seu novo programa de emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CEC aposta pola gamificación para o seu novo programa de emprego

Redacción
Publicado: 27/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

13884491_1089874714415805_220769693_n.jpgA Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), en colaboración coa Fundación INCYDE, lanzou o seu novo programa para impulsar o emprego entre mozas e mozos menores de 30 anos de Galicia (e que tiveran rematado a súa andaina formativa). A iniciativa, Viveiro de Talento 2016, fomentará a empregabilidade por conta propia ou allea. Como gran particularidade, bota a camiñar cun xogo en liña que funciona a xeito de inscrición, de porta de entrada e de primeira xeira de adestramento. Trátase de Skywards Trials, un reto en liña no que cada participante deberá amosar os seus coñecementos e habilidades profesionais. Cousas como recursos para a comunicación ou para traballar en grupo.
Estamos perante unha clara aposta da CEC polo concepto de gamificación, que é a aplicación en múltiples eidos da vida real (e profesional) de metodoloxías propias das aventuras e retos gráficos. E todo co fin de incrementar a motivación, a rendibilidade, a participación e a eficacia.
Segundo informa a Confederación, mediante a aplicación deste xogo poderemos obter insignias (a xeito de chapas), mochilas ou diplomas que certificarán as nosas destrezas e que será posible recoller en diferentes xornadas de presentación do proxecto, que se celebrarán en setembro en varias localidades galegas.
De entre todos os participantes seleccionaranse 60. Estes entrarán no proxecto e recibirán un itinerario formativo de 90 horas, asesoramento de balde e personalizado, orientación para a procura de emprego e o autoemprego e prácticas laborais en start-ups galegas. Ademais, a CEC comprométese a garantir a inserción laboral entre as empresas que forman parte da Confederación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?