Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación CEL impartirá dous cursos gratuítos de mercadotecnia dixital en setembro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación CEL impartirá dous cursos gratuítos de mercadotecnia dixital en setembro

Redacción
Publicado: 27/07/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mercadotecnia_en_lina-2.jpgA Fundación CEL Iniciativas por Lugo anunciou esta semana unha achega de seu para afianzar entre os nosos profesionais e PEME o emprego das tecnoloxías para as súas accións de promoción, mercadotecnia e mantemento no tempo de clientes. Trátase de dous cursos de balde sobre márketing dixital que se van desenvolver na segunda e terceira semana de setembro. Están especialmente dirixidos a cooperativas e sociedades laborais de recente creación, así como a emprendedores de economía social. Estas accións formativas, deseñadas co apoio da Rede Eusumo e a Xunta de Galicia, terán lugar nas instalacións da propia Fundación CEL (Pazo de Feiras e Congresos) en horario de tarde e artellaranse a través de dous módulos, de iniciación e avanzado.
Os cursos serán impartidos por un experto profesional do sector de mercadotecnia dixital, de forma presencial e baixo un formato eminentemente práctico. Segundo informa a organización acerca dos contidos xerais, “facilitarase a comprensión da importancia que supón acometer procesos de transformación dixital nunha organización e a adquisición de competencias tecnolóxicas básicas; fomentarase a aprendizaxe para o desenvolvemento dun plan de comunicación dixital propio, e indicarase como utilizar as principais ferramentas para a súa integración e posta en marcha”.
Entre outros coñecementos concretos, a idea é familiarizar aos alumnos coa elaboración dun plan de comunicación dixital para a súa empresa ou proxecto, coa creación e xestión do seu propio blog, co mantemento da súa páxina de Facebook ou conta de Twitter, coa posta en práctica de estratexias de SEO (Search Engine Optimization, ou sexa ptimización en buscadores), coa creación de campañas de anuncios en redes sociais ou co seguimento e análise dos resultados das súas accións en liña.
Os interesados en asistir poden inscribirse nun ou os dous cursos, a través do formulario online na web da Fundación CEL, fundacioncel.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?