Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrese a preinscrición para os obradoiros do TEK-FEST de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Ábrese a preinscrición para os obradoiros do TEK-FEST de Pontevedra

Redacción
Publicado: 28/07/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

vr-peixeira.jpgO TEK-FEST, I Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes que se celebrará en Pontevedra a finais de setembro, vén de desvelar a súa programación e de abrir as convocatorias e inscricións a todas as persoas que queiran participar. Durante 5 días a capital pontevedresa acollerá profesionais e expertos recoñecidos a nivel internacional que compartirán o seu coñecemento sobre a realidade virtual, o big data e a cartografía urbana, a artesanía dixital ou a comunicación inmersiva nas redes sociais, ao tempo que reflexionarán sobre os escenarios de futuro que nos presenta a vida urbana no século XXI.
O programa componse de dous obradorios de 12 horas que se celebrarán simultaneamente durante 3 días, do 27 ao 29 de setembro. O primeiro deles titúlase VR 360: Audio, Video & Programming e pretende introducir os partipantes na captura e edición de imaxe inmersiva en 360 graos, tanto para fotografía como para vídeo, así como no audio binaural, fundamental para lograr unha experiencia inmersiva, e nas ferramentas de software que permiten introducir elementos de interacción na realidade virtual. Estará impartido por Antonio Víctor García-Serrano (Zakato), un dos mellores camarógrafos 360 a nivel mundial, e polo estudio Bermudas Land, pioneiros da VR en España con sede en Galicia e Madrid. A súa preinscrición vía web está aberta ata o 21 de agosto, terá un prezo de 300 euros e contará con só 15 prazas.
O segundo obradoiro leva por título Carto: Location Intellingence e estará impartido por Javier Noguerol, responsable de intelixencia de produto de CARTO, unha empresa con sede en Madrid que é das máis destacadas internacionalmente na análise e visualización de datos xeolocalizados. Neste obradoiro os asistentes poderán aprender en que consiste a análise de datos xeoespacial e como as cidades máis innovadoras do mundo o están a usar para mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. Tamén aprenderán de forma práctica a facer esta análise de datos no seu propio contorno usando Builder, unha ferramenta de location intelligence para non programadores. Tamén está aberta a súa preinscrición en liña, tendo esta actividade un prezo de 300 euros e unha limitación de 15 prazas.
O 30 de setembro abrirá o TEK-FEST coa conferencia inaugural titulada Escenarios de futuro: da metrópole á cidade dixital, a cargo do filósofo Pedro Medina e o deseñador Javier Maseda, do estudio Sopalmo, que reflexionarán sobre a evolución histórica da noción de cidade e como a tecnoloxía dixital proxecta o seu futuro. Tras eles intervirá a deseñadora Isabel Berz, unha das maiores innovadoras do mundo na fusión de moda, tecnoloxía e proxectos sociais, que falará sobre “A nova educación: cara a un novo modelo baseado na innovación e na investigación”. Javier Noguerol de CARTO achegaralles ás persoas asistentes unha introdución ao big data relacionado coas cidades, e Jimena Merino, unha das primeiras directoras artísticas de VR que hai en España, falará da democratización da realidade virtual e da imaxe inmersiva a través do seu uso nas redes sociais, con exemplos prácticos.
Nesta xornada haberá espazo para as propostas máis experimentais como unha instalación urbana realizada por Miguel Espada, de Espada & Santacruz, un dos estudios españois máis destacados no terreo da arte dixital e as instalacións interactivas, ou unha performance sonora sobre a evolución dos soportes acústicos conducida por José Manuel Costa, crítico e comisario de arte, e un dos condutores do programa Retromanía de Radio 3, acompañado de Toño Cabanelas, enxeñeiro audiovisual, DJ e VJ, e director artístico do TEK-FEST. A inscrición a este simposio abrirase nos vindeiros días.
A xeito de colofón, o sábado 1 de outubro o Demo Day amosará de xeito aberto a todo o público que se achegue a Pontevedra os resultados destes 5 días de encontro e intercambio de coñecemento, ferramentas e experimentos na cidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?