Para celebrar dun xeito moi peculiar os Xogos Olímpicos de Río de Janeiro dende Google non se conformaron con dedicarlles un simple logotipo personalizado (ou doodle) senón que a través da aplicación móbil de Google para Android e iOS estrean os FruitGames (ou froitixogos), uns divertidos minixogos protagonizados por fresas, piñas, cocos e outros froitas que competirán en carreiras a pé ou con obstáculos, xogarán ao tenis, nadarán, xogarán ao golf, tirarán a porta en waterpolo ou incluso intentará coller velocidade en bicicleta, con mecánicas moi simples, que tiran proveito da pantalla táctil ou do acelerómetro do móbil, lembrándonos a xogos como Tiny Wings, Labyrinth e outros grandes éxitos para dispositivos móbiles.
Estes minixogos convídannos a superar os nosos tempos, as nosas puntuacións ou as distancias percorridas, en definitiva, a competir coas nosas propias marcas e pasar así uns intres entretidos, celebrando á vez a chegada das Olimpíadas.
Vídeo promocional do FruitGames
