Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Librebit achegou un sistema libre de rexistro e seguimento para oito estacións de Aena
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Librebit achegou un sistema libre de rexistro e seguimento para oito estacións de Aena

Redacción
Publicado: 08/08/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aena.jpgA empresa galega Librebit vén de desenvolver para Aena un sistema baseado en estándares abertos para obter unha solución uniforme de rexistro e seguimento de alimentación nas oito estacións de radar do sector noroeste de España. Máis polo miúdo, a ferramenta foi deseñada co fin de dar cobertura tecnolóxica a Enaire (xestor de navegación aérea de Aena), cuxas estacións permiten o control do tráfico aéreo e fornecen a seguridade precisa no achegamento das aeronaves aos aeroportos.
En parte, o reto de Librebit consistiu en simplificar e emendar a complexa contorna tecnolóxica das ditas infraestruturas, con diferentes automatismos e protocolos de varios fabricantes, “así como arranxar o baleiro de documentación técnica nestes dispositivos”. Todo isto, engade Librebit, provocou que a fase de análise do proxecto se estendese no tempo máis do previsto.
avion_librebit.jpgA maiores, cómpre sumar outro factor: as ditas estacións dispuñan só dunha intranet restrinxida con acceso á torre de control do aeroporto de Santiago, “o que implicaba a ausencia de Internet”. Isto supuxo un incremento non previsto dos custos, dado que “obrigou a facer desprazamentos in situ ás devanditas localizacións para poder ofrecer o soporte oportuno”, engaden fontes de Librebit.
Respecto do tecido software, a empresa galega informa que “o sistema operativo empregado foi Debian e desenvolveuse un servizo en Python que recollese a información da rede Modbus TCP e SNMP que logo fose almacenada en base de datos MySQL/MariaDB”. Para a parte de visualización e acceso á base de datos empregáronse tecnoloxías como Symfony e Doctrine ORM.
Tendo en conta que Librebit é un puntal do noso tecido empresarial open source, no proxecto empregáronse tecnoloxías libres para facer “un desenvolvemento a medida e con iso poder facer unha máxima adaptación ás especificacións do cliente cun orzamento moi axustado e que ningunha tecnoloxía privativa de ningún fabricante podía igualar”. Os responsables do desenvolvemento tamén salientan que “todo o proxecto foi posible grazas ao emprego de programas abertos e a participación de AGASOL, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, que foi o principal interlocutor co cliente final.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?